Lluís Companys (1882-1940)Aparece en 0 epistolas
Político e avogado catalanista, republicano, líder de Esquerra Republicana de Catalunya e presidente da Generalitat de Catalunya desde 1934, durante a Guerra Civil e no exilio francés até o seu fusilamento polas autoridades franquistas. Exiliado trala Guerra Civil, foi capturado por Pedro Urraca Rendueles, un axente da policía franquista que colaboraba coa Gestapo. Foi extraditado a España, torturado, sometido a un Consello de Guerra e fusilado.