Daniel Calzado Poceiro (1891-1972)Aparece en 0 epistolas
Político. En 1911 emigrou a Bos Aires. Na II República, de regreso a Tomiño, foi alcalde da vila e en 1936 exíliase na capital arxentina. Formou parte da Asamblea do Consello de Galiza xunto a Castelao e en 1965 é elexido Presidente da Comisión de Finanzas do mesmo. Ocupou varios cargos na Agrupación “Celta” do Centro Gallego de Bos Aires.