Pío Cabanillas Gallas (1923-1991)Aparece en 0 epistolas
Ministro de Información y Turismo no goberno de Carlos Arias Navarro en 1974. Foi un dos impulsores do primeiro Partido Popular en 1976 uníndose á Unión de Centro Democrático (UCD). Foi un dos homes fortes da UCD en Galicia. Foi Deputado no Congreso desde 1977 até 1989, Ministro de Cultura (1977-1979), Ministro adxunto ao Presidente (1980-1981), Ministro da Presidencia (1981) e Ministro de Xustiza (1981-1982). En 1989 ingresou no Partido Popular e foi Deputado no Parlamento Europeo (1989-1991).