Proxecto Epístola

----

Antón Alonso Ríos (1887-1980)

Epístolas
2 Remitente [2]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1946-02-07 Remitente
de Antón Alonso Ríos, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Antón Alonso Ríos, a Lois Tobío Fernández en 07/02/1946

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Antón Alonso Ríos, a Lois Tobío Fernández en 07/02/1946

Bós Aires: 7/2/46.-

Siñor,
Luis Tobío Fernández
Dionisio Corral 116
MONTEVIDEO
Uruguay

Estimado Tobío:
Prégoche moi encarecidamente que moi axiña me mandes un traballo sobre Antón Villar Ponte, pois pensamos adicar o número de Febreiro de "A Nosa Terra" a honrar a memoria de tan afervoado patriota galego.
Recibe os meus attos. saúdos,

Antón Alonso Ríos [sinatura autógrafa]

1958-01-28 Remitente
de Ramón Suárez Picallo,de Antón Alonso Ríos,de Elpidio Villaverde, a Lois Tobío Fernández
Bos Aires
Montevideo
Orixinal

Epístola de Ramón Suárez Picallo,de Antón Alonso Ríos,de Elpidio Villaverde, a Lois Tobío Fernández en 28/01/1958

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Ramón Suárez Picallo,de Antón Alonso Ríos,de Elpidio Villaverde, a Lois Tobío Fernández en 28/01/1958

Consello de Galiza

Buenos Aires, xaneiro 28 de 1958.-

Señor
D. Lois Tobío Fernández
Montevideo

Ben querido irmán e amigo:-
Como vostede terá noticia, dend-un tempo a esta parte, veñen realizándose en París moi intensas aitividades políticas, cada vegada máis estensas e representativas das forzas da emigración, políticas, sindicales e de outra índole, que aitúan pra derribar o réximen de Franco, con contaitos direitos coas que, no mesmo senso, traballan no interior da Penínsua, animadas pol-a crisis, xa irremediabel, do réximen devandito en todol-os órdens.-
O Consello de Galiza i-as entidades e persoas que o asesoran i-apoyan, rexistramos con moita pesadume, que n-isas aitividades, reunións, acordos e resolucións públicas e segredas, non aparescía a presencia de Galicia con persoalidade propia, nin referencia algunha os seus problemas, especialmente ó fundamental da súa autodetermiñación política.-
E á vista d-iste feito o Consello deuse a estudar o problema sobor da base d-unha ponencia que Don César Alvajar mandara o Primeiro Congreso da Emigración Galega, e de correspondencias privadas encol do tema, moi ben ourentadas, posteriormente. O Consello encarregoulle ó Conselleiro de Relacións, Ramón Suárez Picallo que, en forma reservada, iniciara as xestións pertinentes con Alvajar, e por outras vías, pra ver si podía atoparlle solución.-
O primeiro que se fixo foi un índice de puntos de ourentación política, a xeito de programa, dentro do que aituaría o noso representante. Despóis de auscultar nos meios republicans e democráticos de París —goberno republicano no eisilio, gobernos autónomos vadco e catalán, e orgaizacións políticas e sindicales — como sería acollida a representación de Galicia. E, por derradeiro, escoller a persoa que a desempeñaría, xa que Alvajar, dende o primeiro intre manifestou que non-a aceitaría, propoñéndonos varios nomes de galegos que, a seu xuicio, podían e debían desempeña-la.-
O que chamaremos "programa de aición" do representante —verticalmente galeguista— foi aceitada integramente e aínda ampliada moi axeitadamente por Alvajar, pois él, reitificando vellos puntos de vista políticos, está agora á nosa veira compartindo incondicionalmente os nosos puntos de vista i-as nosas ideias. Informounos eisí mesmo que nos meios republicáns, oficiales e privados de París, a representación galega tería favorábel acollida con toda cras de colaboracións. A tal punto que, aínda denantes de nós mandarlle as credenciales, puido xa intervir n-alguns asuntos. Dispóis de insistir en non querer aceitar o cargo, i-ofrecendo a súa máis incondicional coulaboración, logramos que o aceitara e o Consello nomeouno oficialmente o 18 de Nadal derradeira.-
César Alvajar ostentará en París unha doble representación. Ante o goberno Republicano en eisilio i-os gobernos autónomos vascos e cataláns, en representación do Consello de Galiza: e ante os partidos políticos e orgaizacións sindicales hespañolas, vascas e catalans, en representación das Irmandades Galegas na América, como entidade política e patriótica integrada por galegos de diversos matices, todos de siño democrático, republicán e galeguista.-
O Consello, tendo en conta a laboura constante de vostede a prol da causa que sostemos a súa siñificación política, espritual e intelitual, e o apoio que nos prestou e nos presta sempre, coido-u doado darlle conta do aituado n-iste intresante asunto, en intres en que se agardan importantes acontecimentos, nos que Galicia non debe estar ausente.-
De todol-os xeitos, agardamos con moito intrés a sua valiosa opinión encol do tema, e aproveitamos a ocasión pra lle reiterar a nosa máis cordial e fraderna estimanza,

Ramón Suárez Picallo [sinatura autógrafa]
Consellerio de Relacións

Antón Alonso Ríos [sinatura autógrafa]
Segredario do Consello de Galiza

Elpidio Villaverde [sinatura autógrafa]
Conselleiro