Proxecto Epístola

----

Alberto Sánchez Pérez (1895-1962)

Artista plástico. En 1927 fundou con Benjamín Palencia a Escuela de Vallecas, que buscaba en Castela a súa inspiración. Acadou unha linguaxe escultórica peculiar a través dunha fusión de elementos de inspiración popular, con certos rasgos surrealistas, todo tratado cunha acentuada estilización. Elaborou os decorados da compañía teatral La Barraca, de Federico García Lorca. Unha das súas obras máis significativas é a gran escultura, de máis de doce metros de altura, titulada El pueblo español tiene un camino que conduce a una estrella, exposta xunto ao Guernica de Picasso no Pabillón da República Española da Exposición Internacional de París de 1937.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]