Proxecto Epístola

----

Gumersindo Sánchez Guisande (1894-1976)

Médico e decano da Facultade de Medicina de Zaragoza e catedrático de Anatomía Descritiva das universidades de Sevilla (1923) e Zaragoza (1928). Creou unha institución de protección á infancia, sendo coñecido como o "médico dos nenos pobres". Militante de Izquierda Republicana, ao estalar a Guerra Civil refuxiouse en Santiago e Vilagarcía de Arousa, e conseguiu chegar a Arxentina, vía Lisboa. En Bos Aires foi director médico do Centro Gallego e fundou con Antonio Baltar un sanatorio en Mendoza, ocupando a cátedra de Anatomía da Universidade desa cidade. Íntimo amigo de Castelao, foi un dos médicos que o atendeu, estando presente cando faleceu; el é o seu fillo embalsamaron o cadáver.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]