José Luís Romero (1909-1977)Aparece en 1 epistolas
Historiador dedicado á historia medieval. Desenvolveu unha longa investigación sobre os orixes da mentalidade burguesa, que culminou en La revolución burguesa en el mundo feudal e Crisis y orden en el mundo feudo burgués. Foi director da revista Imago Mundi (1953-1956) e colaborador de Luís Seoane en varias iniciativas culturais.
Foi reitor interventor da Universidad de Buenos Aires (1955-56), decano e profesor da Facultad de Filosofía y Letras da mesma universidade (1962-1965) así como profesor nas universidades de La Plata e na da República, Montevideo, Uruguai. Entre as súas obras destaca “Latinoamérica: las ciudades y las ideas” (1976).