Victoria Ocampo (1890-1979)Aparece en 1 epistolas
Escritora arxentina, irmá menor da tamén escritora Silvina Ocampo.
Muller cosmopolita e viaxeira, contribuíu de modo importante ao desenvolvemento cultural do seu país. Por mediación de Ortega e Gasset, a escritora publicou en España o seu primeiro ensaio importante, De Francesca a Beatriz (1924).
A comezos de 1931, contando co apoio das súas amizades intelectuais (Waldo Frank, o citado José Ortega y Gasset e Eduardo Mallea, entre outros artistas e escritores), fundou en Bos Aires a revista Sur, que ao longo de corenta e cinco años sería a máis importante publicación periódica americana, pola amplitude dos seus intereses, polo seu cosmopolitismo e pola prestixiosa personalidade dos seus colaboradores.
A súa produción máis orixinal é a serie titulada Testimonios, publicada entre 1939 e 1977, obra en dez volumes que recolle as súas reflexións sobre a realidade política, social e cultural da súa Arxentina, así como as súas entrevistas con escritores, artistas e intelectuais, especialmente ingleses e franceses, mantidas ao longo das súas numerosas viaxes.
Ademais, é autora de diversos estudos sobre personalidades importantes daquel momento, entre os que destacan Emily Brontë (1948) e Virginia Woolf. Ao mesmo tempo, traballou na tradución de obras de A. Camus, W. Faulkner e Colette, entre outros. Escribiu tamén a súa autobiografía en seis volumes, publicados tras a súa morte. Foi membro da Academia Argentina de la Lengua.