Proxecto Epístola

----

Manuel Gómez Román (1875-1964)

Arquitecto, nos anos anos trinta foi Secretario Xeral do Partido Galeguista. Foi vicepresidente da Editorial Galaxia e da Fundación Penzol. En 1951 ingresa na Real Academia Galega.
Epístolas
1 Destinatario/a [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1935-04-23 Destinatario/a
de Xosé Filgueira Valverde, a Manuel Gómez Román
Pontevedra
Orixinal

Epístola de Xosé Filgueira Valverde, a Manuel Gómez Román en 23/04/1935

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé Filgueira Valverde, a Manuel Gómez Román en 23/04/1935

Pontevedra 23,abril,1935

Sr.Don Manuel Gómez Román
Segredario Xeral do Partido Galeguista

Meu querido amigo e irmán:
A miña baixa do Partido Galeguista,en cuia creación e desenrolo tanto teño traballado non podía producirse nin dun xeito espectacular na Xuntante de nontronte,nin dun xeito sorrateiro ,encomendando ao cobrador que deixase de me pasar o recibo. Teño concencia dabondo dos meus deberes políticos e cos vencellos de irmandade que nos axuntarán sempre ,inda que a política nos arrede,pra entregar á pasión un feito doooroso mais necesario,como este(...)