Proxecto Epístola

----

Álvaro Gil Varela (1905-1980)

Empresario e filántropo galego, ademais de doutor en Ciencias Naturais pola Universidad de Berlín e enxeñeiro de Montes. Durante a súa xuventude participou na redacción da revista Ronsel, publicada en Lugo e dirixida por Evaristo Correa Calderón.
Epístolas
1 Destinatario/a [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1961-05-04 Destinatario/a
de Manuel Puente, a Álvaro Gil Varela
Bos Aires
Madrid
Orixinal

Epístola de Manuel Puente, a Álvaro Gil Varela en 04/05/1961

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Manuel Puente, a Álvaro Gil Varela en 04/05/1961

Manuel Puente

Bmé. Mitre 1263
BUENOS AIRES
Buenos Aires Mayo 4 de 1961

Señor
Alvaro GIL VARELA
Felipe IV nº 9
MADRID-ESPAÑA

Meu estimado amigo:
Fai tempo que desexaba escribirlle pero os que andamos atarefados con tantas preocupacios a falta de vagar traiciona os nosos sentimentos.-
Escríbolle oxe po lo siguinte; A Historia de Galicia que vostede estará enterado me comprometín a facer imprentar, e que xa debia estar circulando, está recién nos seus comenzos, e será realidade po lo menos nos dous primeiros tomos, que é o único material que hasta agora enviaron da terra, e esto vai a ser posible gracias a o concurso de Don Luis TOBIO, que sabedor das dificultades en que eu me encontraba por falla de persoa que se habia comprometido a dirixir a impresión, se ofreceu a correr el con ese traballo –e polo tanto se está comenzando a imprimir en Montevideo,– e como o por en órden os materiales nos topamos en que se estraviou o mapa xeral de Galiza que foi feito xunto con os rexionales ou comarcales, por un cartógrafo de Madrid cuyo nome non sei, e como creo que vostede lle abonou mais ou menos 60.000 pesetas e saberá quen e –o molesto para rogarlle me faga o favor de encargarlle a confección de outro mapa xeral igual o anterior lle abone o que sexa e remita a brevedade posible directamente a don Luis TOBIO a MONTEVIDEO ou a mín.-
Díceme que os cartógrafos conservan detalles ou "maquetes" dos traballo que fan –si en este caso sucedera o mesmo ganariase moito tempo que en verdad ahora urxe.-
En espera de suas noticias reciba moi afectuosos saudos do seu amigo e,
S S S
[sen asinar]