Proxecto Epístola

----

Xosé Filgueira Valverde (1906-1996)

Escritor, intelectual, investigador, erudito e crítico galego, director do Museo de Pontevedra, conselleiro de Cultura e presidente do Consello da Cultura Galega.
Epístolas
15 Destinatario/a [6]
Remitente [9]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1955-11-28 Destinatario/a
de Francisco Javier Sánchez Cantón, a Xosé Filgueira Valverde
Madrid
Pontevedra
Orixinal

Epístola de Francisco Javier Sánchez Cantón, a Xosé Filgueira Valverde en 28/11/1955

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1955-01-30 Remitente
de Xosé Filgueira Valverde, a Francisco Javier Sánchez Cantón
Pontevedra
Madrid
Orixinal

Epístola de Xosé Filgueira Valverde, a Francisco Javier Sánchez Cantón en 30/01/1955

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1928-05-03 Remitente
de Xosé Filgueira Valverde,de Xesús Carro García, a Francisco Javier Sánchez Cantón
Santiago de Compostela
Madrid
Orixinal

Epístola de Xosé Filgueira Valverde,de Xesús Carro García, a Francisco Javier Sánchez Cantón en 03/05/1928

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1978-07-04 Destinatario/a
de Valentín Paz-Andrade, a Xosé Filgueira Valverde
Vigo
Pontevedra
Orixinal

Epístola de Valentín Paz-Andrade, a Xosé Filgueira Valverde en 04/07/1978

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Valentín Paz-Andrade, a Xosé Filgueira Valverde en 04/07/1978

Vigo, 4 de Julio de 1978


Sr. Don Xosé Fernando Filgueira Valverde
Director del Museo de Pontevedra
Plaza de La Leña
Pontevedra


Querido José Fernando:

Ante todo miña embora máis cordial, pol-a Presidencia da Polifónica, carrego pol-o que non poderías en maneira algunha deixar de pasar. E unha ledicia pra cantos asistimos ao nascimento de tan gloriosa institución.
E agora un pedimento. Sei que mañán, día 5, escomenzan unhas oposicións restrinxidas, pra convertir Mestras interinas en permanentes. Unha das aspirantes, chámase Lourdes Ofelia Navia Ríos, e ten o núm. 21 de matemáticas. Parece que a Presidenta do Tribunal é Doña Francisca Sánchez Andrade. É posibel que ti conozcas a algún dos outros membros.
Moito agradeceréi a boa man que poidas votarlle pra amparar a tal aspirante, que necesita vivir da sua profesión ao non ter outra nin de donde lle veña.
Recibe unha cordial aperta de,


[Valentín Paz-Andrade]

1974-11-07 Destinatario/a
de Valentín Paz-Andrade, a Xosé Filgueira Valverde
Vigo
Pontevedra
Orixinal

Epístola de Valentín Paz-Andrade, a Xosé Filgueira Valverde en 07/11/1974

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Valentín Paz-Andrade, a Xosé Filgueira Valverde en 07/11/1974

[Vigo] 7 nov. 1974


Sr. Don Xosé F. Filgueira Valverde
Director do Museo de Pontevedra
Pontevedra

Querido José Fernando:

Póñome a che mandar estas liñas matinando en que Castelao, botando os ollos por riba do meu lombo, estame a mirar o que escribo. E estase a rir, con aqueles ollos decote veados na terra que o furaban todo. Aínda aquelo que os demais ao mellor nin viamos.
Van as nove estampas pubricadas en Galicia, o xornal que eu dirixín e do que Alfonso foi pouco menos que a i-alma. Coido que son as únicas da serie de «As Mulleres», que escomenzara a promediar co a dos «Homes», cuios orixinales lle entreguei pra facer a primeira impresión en libro e que non tornaron ao meu poder.
Coido que «As Mulleres», n-este caso, non se fan de menos ao lado dos «Homes». Cando trazóu estes rascuños de mestre riscaba sin dubida nas suas mellores horas de dibuxante, tanto da figura como da comedia human. Como non quixeche que enmarcara por miña conta os dibuxos, ti farás n-este orde o que mellor atines, que para iso eres o Director da Casa.
Perdóame a demora, pol-as moitas tarefas que me envolven e recibe a máis cordial aperta de teu sempre amigo incondicioal,


[Valentín Paz-Andrade]

Remitente
de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade
Pontevedra
Orixinal

Epístola de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade

Pontevedra


Benquerido Valentín:

Envíoche foto e fotocopias dos retratos que temos de Don Xosé Manuel Pintos. Podemos facer, no laboratorio, unha foto mellor do óleo.

Apertas de


Filgueira

Remitente
de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade
Pontevedra
Orixinal

Epístola de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade

Gracias, querido Valentín, polas tua garimosa carta de pésame na morte do meu xenro. Os anos fannos sentir máis estes golpes e, tamén, o consolo que da ter, carón noso, neles aos amigos de sempre

Lembranzas e apertas de


Filgueira

1977-05-02 Remitente
de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade
Pontevedra
Vigo
Orixinal

Epístola de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade en 02/05/1977

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade en 02/05/1977

Pontevedra 2-V-1977


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Benquerido Valentín:

Podes maxinar cánto teño agradecido a tua gasalleira ideia de que te fixera compañía na candidatura senatorial pontevedresa. Tornóu o choio á consulta e a negativa médica foi total; o meu fillo dixo que razoaría os motivos nunha carta que has recibir un destes días. Ademáis de tódalas outras razóns, xurdiu un impeitizo legal que é decisorio. Non renunciéi a tempo ao cargo, gratuito e incómodo, mais, eso sí, por decreto, de «Consejero Provincial de Bellas Artes».
Sinto ben contrariarte, anque sei recoñecer o moitísimo que sinificóu pra min a tua xenerosa proposta.


[Manuscrito:] Apertas garimosas de


Xosé Filgueira Valverde

1977-01-19 Remitente
de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade
Pontevedra
Vigo
Orixinal

Epístola de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade en 19/01/1977

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade en 19/01/1977

Pontevedra 19-I-77


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Benquerido Valentín:

Renóvoche a miña embora polo diálogo radiofónico. Gustou moito. Sorprendeume a xente que escoita a esas horas.
Xa sabes que Sánchez Cantón ordeou que a sua correspondencia estivera pechada cinco anos. Cumpridos xa, envíoche esta «carta entreaberta» que leva a data do 16 de xullo do 36 e a que me escribiu a min o 17 pra que cha mandara. É un «índice de utopías galegas» cheo de fondura.
Pasei unha tempada moi triste con doenza e a morte dunha irmá de María Teresa que viñera pasar eiquí as festas.
Ponme aos pes da tua muller. Lembranzas a todos.

[Manuscrito:] Apertas de



Fdo. Xosé Filgueira Valverde




[Manuscrito:]


Carta entraberta


Madrid, no día do Carmen, 1936

Sr. D. Valentín Paz Andrade


Meu querido amigo:

Penso que os que non fixemos nin soupemos cousa do Estatuto, o mellor servizo que hoxe comprimos con Galicia é calar, deixando moer ôs que arelaban andar no muiño; alá eles se no pan de mañá mestúranse os farelos coa fariña.
E cô dito abondaría, se non fose que na tua chamada escoito berros que famne esquecer memorias acedas, e crebando a liña proposta parrafearei un anaco de tempo respeito o rego que Galicia ten de abrir no agro artístico.
Eu non vexo, non podo ver a Galicia, dende o outeiro do Arte, mais que como un-a cidade espallada. Non-a vexo, non podo vela, como enxame de vilas no cortizo teórico de un-a nación. Fai anos que roe en min un verme teimoso, que de cote se afonda e me di: «contra o nacionalismo -narcótico prós nugallans que ensonan un mañá que non chega-, cidadanía –choio de un hoxe fecundo que non finda». ¡Galicia, un-a vila; i-os galegos, seus cives, sempre a traballar; e nosos probremas desfaríanse como a brétema ô sol.
En Arte, como no resto. Mais, n-un-a carta non se fan prans, nin se ditan regras, fálase, mellor... parólase. ¿Leria? ¿Ensonos?... ¿Quén o sabe? Parolemos, logo.
E... vai de sono...
Vexo â nosa Matria –máis doce que Patria- forte e leda, e que o xogo do Arte brinca por riba da terra nosa...
... Un rapaz naceu e criouse n-un-a casiña branca e limpa –o chan, branco do xabón, ou dourado pol-a cera; as paredes caleadas e con estampiñas feitas en buxo, do Apostol, da Pelengrina, do Santo Cristo de Ourense; fiestras e portas de azul, ou de verde: o redor da casa, naval e horta sen valados, pois a cerca é unha sebe con silvas e roseiras, recortadiño, froleado e con amoras; no naval, chícharos, pementos, cebolas e repolos; na horta, pexegueiros, cerdeiras e maceiras que nas suas tempías énchense de mazás, cereixas e pexegos.
Os ollos do rapaz reloucaban ô ver as liñas eispresivas das estampas, os recortes das follas, as coroas das froles i-as coores das froitas. No inverno degoirábase en valeira as memorias do outono farto debuxando cereixas e ácios no papel, ou nas paredes cos sinxelos meios que tiña a carón.
Na escola o mestre insinoulle o camiño e levouno a certo «taller» onde un artista –pago por Galicia- deprendía ôs rapaces afeizoados; pois, xa non había xiadas Escolas de craustro i-escalafón –nin esta verba tiña son na fala nosa. Os rapaces ían d-uns mestres n-outros, cando podíase trocar. Nos talleres, demáis dos traballos «d-encarga», facíase un-a laboura para Galicia –a reixa d-un-a eirexa, a pintura pra un-a escola, o teito pra un concello...- na que todos poñían man; deprendían facendo.
Rexía os talleres un-a «Xunta de .... poucos», que ditara regras craras i-abertas. Nos outonos os «talleres» corrían a terra –mosteiros, castelos e pazos- escadaban castros; de sol nado a solpôr enchían seus foles de canto Galicia amostraba –leiras e vías, portos e facendas, soutos e fábricas-. Ollos e mans fadigábanse de mirar e de acugular pra, no inverno, facer.
Ô gromar dos albres serodios, i-o quentar a raxeira tiñas os Talleres exposta a seara anal. E ía vela a Xunta de .... «poucos»: escollía cadros e tallas, forros e tecidos; e falaba côs rapaces –lonxe do eisamen-; i-os máis doados dáballes consellos e conqués para viaxaren pol-o Mundo. Cheos da terra, donos do seu oficio, ían aproveitar o que outros povos fixeran.
Ô tornar Galicia púñalles «talleres» pra que novos gromos agoirasen flores e farta colleita. Deste xeito sinxelo ninguén restaba sen poderse formar artista; ninguén saía da terra sen coñecela; o esforzo non se perdía, pois os que non chegaban a cume espallaban o deprendido o seu redor porque deprenderanllo sen mágoas nin rixideces, xogando ledos.
I-o Arte non era en Galicia segredo fechado de xente sabida, senón lume aceso en todal-as lareiras.
Por riba desta maneira de «facer artistas», e pra axudala, abríranse en Galicia outras fontes de estudo e arte: Museos, moitos Museos...
Non eran almacéns, nin panteóns; certo esprito animábaos e facíaos bulir; a ideia que aquela «Xunta», da que falamos, eispresou na sua primeira sentada:
«En Galicia, máis que un-a Historia e un Arte, temos hoxe un-a forte vôntade de facelos».
E nos Museos traduciuse esta arela de porvir. Recollíase neles o pasado, trouxérase de fora canto poidérase mercar, ou ter por troques; mail-o desinio non era revivir tempos idos, senón camiñar cara tempos por nacer. Non temos un Rubens nin un Velázquez pra adourar. E mestre Mateo... está tan lonxe de nos.
Porque é de ben nados, hase estudar o que fixeron os abós, i-hase gardar «mirando, non imitando» como decían os vellos eisemplarios; e aínda compre mesura e siso no profundar no pasado: a vellez non sempre dá «beleza».
I-este desinio conformábase nos Museos da nosa terra: no arqueolóxico, como no do mar; no románico como no do agro; no dos vellos oficios como no moderno, no barroco como ...
Íase o Sono e, xa na porta, inda tivo forzas pra me pintar outros cadros da política do Arte -¡non do arte da Política!- na Galicia.... autónoma; máis que cadros, estampiñas sinxelas, que custa poucos cartos levalas a termo e realidade, se nos alonxamos dos pedantismos de bule-bules e fura-furas, e se mercamos aquel siso e aquela praítica de «cidadanía» nas que vexo as dúas rodas do carro no que Galicia pode camiñar, chea de arelas, pol-a estrada do Tempo por vir.
Teu bô amigo

F.J. Sánchez Cantón


1987-00-00 Remitente
de Xosé Filgueira Valverde, a Pilar Rodríguez de Prada
Pontevedra
Vigo
Orixinal

Epístola de Xosé Filgueira Valverde, a Pilar Rodríguez de Prada en 00/00/1987

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé Filgueira Valverde, a Pilar Rodríguez de Prada en 00/00/1987

Pontevedra, [1987]
Exma. Sra.
Dª Pilar Rodríguez Prada de Paz Andrade
Vigo

Queridos Pilar e Alfonso:

O cuarto Adral que vos envío leva unha garimosa e merecida adicatoria a Valentín que el xa non puido leer. Que valla para vos, que compartíchedes os seus traballos e o seu fervor por Castelao.
María Teresa vos lembra con moito cariño, e sempre co recordo inesquecibre do que se nos foi

Apertas cordiaes de


Xosé Fernando

1982-00-00 Remitente
de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade
Santiago de Compostela
Orixinal

Epístola de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade en 00/00/1982

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé Filgueira Valverde, a Valentín Paz-Andrade en 00/00/1982

[Santiago, 1982]


Benquerido Valentín:

Recibín a túa carta e pasei con todo interés o asunto de Dona María Antonia Ruiz Álvarez á Dirección do Patrimonio.
O teu Castelao é o libro do ano e debera ter recibido canto premio hai e moitos máis, e sobre todo debera ter moitas recensións.
Anotei a de Pardo. Sigo compartindo contigo a idea de que en Galicia non temos crítica literaria. Ben é certo que en España non se atopa moito.
¿Cómo sigue Pilar? María Teresa saúdavos con moito agarimo.

Apertas moi fortes de


Filgueira Valverde

1924-10-17 Destinatario/a
de Ánxel Casal, a Xosé Filgueira Valverde
Orixinal

Epístola de Ánxel Casal, a Xosé Filgueira Valverde en 17/10/1924

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1930-07-07 Destinatario/a
de Antón Villar Ponte, a Xosé Filgueira Valverde
A Coruña
Pontevedra
Orixinal

Epístola de Antón Villar Ponte, a Xosé Filgueira Valverde en 07/07/1930

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

1935-04-23 Remitente
de Xosé Filgueira Valverde, a Manuel Gómez Román
Pontevedra
Orixinal

Epístola de Xosé Filgueira Valverde, a Manuel Gómez Román en 23/04/1935

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.

Transcrición

Transcripción da epistola de Xosé Filgueira Valverde, a Manuel Gómez Román en 23/04/1935

Pontevedra 23,abril,1935

Sr.Don Manuel Gómez Román
Segredario Xeral do Partido Galeguista

Meu querido amigo e irmán:
A miña baixa do Partido Galeguista,en cuia creación e desenrolo tanto teño traballado non podía producirse nin dun xeito espectacular na Xuntante de nontronte,nin dun xeito sorrateiro ,encomendando ao cobrador que deixase de me pasar o recibo. Teño concencia dabondo dos meus deberes políticos e cos vencellos de irmandade que nos axuntarán sempre ,inda que a política nos arrede,pra entregar á pasión un feito doooroso mais necesario,como este(...)

1925-11-28 Destinatario/a
de Castelao, a Xosé Filgueira Valverde
Pontevedra
Orixinal

Epístola de Castelao, a Xosé Filgueira Valverde en 28/11/1925

O teu navegador non soporta PDFs. Por favor descarga o PDF para poder velo: Descargar PDF.