Proxecto Epístola

----

Javier Andrade Cimadevila

Escritor pertencente a un grupo de narradores galegos en castelán, algúns deles xa se deran a coñecer como tales antes de 1936. O seu traballo ó servizo da cultura de Galicia tivo o seu verdadeiro desenvolvemento a partir da década dos 50. O seu labor insírese dentro da corrente do novo ensaísmo de raizame galega e moderno espírito europeo. Orixinal ensaísta, escribiu un estudo titulado Etnobiología atlántica . Foi membro do Comité de Cooperación Intelectual de Pontevedra en 1932 xunto a Luciano del Río, Evaristo Mosquera, Luís Poza Pastrana, Bernardo Salom de la Hoz e Tabucho Pintos Fonseca. Foron os encargados de organizar a conferencia que Federico García Lorca realizou en Pontevedra en novembro dese mesmo ano.
Epístolas
0
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]