PROXECTO EPÍSTOLAS

----
Epístolas
Mencionado/a [2]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1965-12-22 Mencionado/a
Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1965.
Montevideo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1965. en 22/12/1965

Montevideo, nadal 22 do 1.965

Siñor Don:
Luís Tobío
MADRID

Ben querido Tobío:
No seu tempo recibín o editorial pra "Sempre en Galicia".- Non chegóu pro dia do aniversario, pero igoal o pasamos.- Naquel día fixen un recordatorio da pirmeira audición, e pasamos anacos grabados naquel intre coa voz de Somoza, Pita e sua, como reconocemento e recordo pros pioneiros que por distintas causas non-os acompañaron naquela emotiva xornada.- Saiu ben e gustóu.-
Supoño que terá recibido os libros editados por "Casa de Galicia", e que se lle mandaron xa fai tempo.-
Canabal voltóu fai oito días e díxome que tivo o gosto de saudalo en Santiago.-
Ren máis, saudos pra sua dona e fillos, a quenes, con voste, desexolles moitas felicidades e venturanzas no ano que axiña nacerá.-
Unha aperta do seu amigo,

Meilán [sinatura autógrafa]

1975-07-15 Mencionado/a
Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1975.
Montevideo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1975. en 15/07/1975

Montevideo, xulio 15 do 1975

Siñor;
Luís Tobío Fernández
MADRID.-

Ben querido Tobío:
O día 3 do vindeiro setembro, SEMPRE EN GALICIA, cumprirá VINTECINCO ANOS.- Vai en maiúscula porque, cando a fundamos, lexos estivemos de imaxinar que chegaríamos a eles.- Pero, somentes coa lamentabel ausencia de Somoza, os demáis, estamos todiños; máis vellos no físico, nonna mente, que sempre está como nos mellores tempos xuveniles .... Boeno, vamos o motivo desta que non é outro que o de pedírlle que nos faga o editorial pro domingo 7 de setembro.- Todos nós senteriamos moi ledos si vosté, como non dudebamos fará, remexanos a colaboración que lle pedimos.-
Eu escribinlle a Villaverde pra que o vira e lle pedira isas verbas gravadas na sua voz.- Como nin me contestóu, supoño que nono fixo, dahí esta carta.- Si o Villaverde, cumpríu, millor; senon, ista carta ten vixencia.-
Dos probremas deste país, xa o supoño enteirado.- Vamos tirando, pero sin aquela maneira de vivir deste pobo, co facía felíz.- As condicións económicas están cuasi totalmente deterioradas, como lle dín agora.- E no político, fixeron un réximen militar-civil, que vai tirando con unha férrea represión e unha censura endexamais tida nesta Nación de Don Xosé Batlle y Ordoñez.- Pra darlle unha idea direille que somentes se pubrican catro xornaes: "El País".- "La Mañana".- "El Diario", oficialistas e "El Día", que fai o que pode pra que nono suspendan, como xa o fixeron.- Fora deste, nun tono moi suaviciño, polo dito, os outros, merda.-
Eí parez cas cousas tamén non eran tan estabeles como pensaban os trunfadores de fai casi coarenta anos.- E que a libertade de pensamento e vida, endexamáis morre.-
Co auspicio do Patronato da Cultura Galega daquí estase por poñer o busto de Castelao no seu Rianxo natal.- O busto xa esta na casa paterna, donde naceu o Guieiro.- E o que fixeron entre vosté i Escudero, que lamentablemente remata de morrer na Cruña, sin co destiño lle permitise estar presente na colocación.- Daquí pensan ir Canabal, Pereira, Yolanda e quizáes algún outro.- De Bós Aires, tamén unha delegación do Centro Galego, que irá presidida polo titular.- Todo esto e proieito, pois parez que afloran algunhas dificultades; vosté xa me entende.- Alá veremos, pois pensabase facelo en setembro.-
Ren máis, saúdos a sua dona e fillo, que xa estará feito un mozo e tiduado, maxínome.- Vosté, cos saudos de todolos amigos da audición –Couceiro, Yolanda, Pereira–, reciba unha amical aperta de
Meilan [sinatura autógrafa]