PROXECTO EPÍSTOLAS

----

0 MENCIóNS A José María Posada (1817-1886)

Escritor e xornalista galego vinculado ao romanticismo literario. Foi fundador do Faro de Vigo (1852), onde, baixo o nome de pluma de Don Lucas, publicou numerosas crónicas, ademais de lendas e poemas. Escribiu tamén a obra de carácter memorialístico Un paseo de Vigo a Bayona (1866). As súas Poesías selectas, en lingua galega e castelá, foron incluídas a título póstumo na Biblioteca de Autores Gallegos de Martínez Salazar (1886). Sendo estudante fundou o xornal La Aurora de Galicia. Periódico de Literatura, Ciencias y Artes, onde publicou pezas como “Estudios Sociales. Respeto a la mujer” (no número 8), onde se ofrece unha concepción relativamente avanzada sobre o papel social das mulleres. Exerceu como fundador da Academia Literaria y Artística de Santiago, un dos máis notables precedentes do Liceo de la Juventud, ao que estivo activamente vinculada na súa mocidade Rosalía de Castro. É autor de numerosas recensións críticas da literatura da época, entre as que cabe salientar a de La gaita gallega de Pintos (Galicia. Revista Universal de este Reino, número 3).


Epístolas
Destinatario/a [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]