PROXECTO EPÍSTOLAS

----

1 MENCIóNS A Leónidas Barletta (1902-1975)

Narrador e ensaista arxentino, fundador del Teatro del Pueblo, co que se iniciou o movemento do teatro independiente arxentino e onde R. Arlt estreou as súas obras. Vinculouse aos escritores do grupo de Boedo, que defendían el realismo social. Foi secretario de redacción da revista Claridad e fundou e dirixiu o xornal cultural Propósitos, unha singular tribuna da esquerda independente arxentina de mediados do século XX.
A través de diarios e revistas deu a coñecer artigos nos que se defendía o valor da literatura como testemuña e denuncia dos problemas sociais. É autor de obras dramáticas como Odio (1931) e La edad de trapo (1952). Escribeu tamén relatos e novelas: Contos realistas e cancións agrias (1923), Ventos tráxicos, María Fernanda (1924), Los pobres (1925), Vidas perdidas, Royal circo (1926) e, sobre todo, Cuentos del hombre que daba de comer a su sombra (1957).
Epístolas
Mencionado/a [1]
Remitente [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1960-04-24 Mencionado/a
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1960
Bos Aires
Madrid
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Neira Vilas a Seoane. 1960 en 24/04/1960

Buenos Aires, 24 de avril do 1960

Sr. D.
Luis Seoane
Madrid

Querido amigo:

Recibín antonte a súa moi grata, datada en Venecia. E co-ela o dibuxo prá tapa do meu livro. É magnífico! Axeitadísimo! E nises cores –azul e laranxa– vai quedar precioso. Mañán entrégame a proba o grabador. Francamente, non sei como xuntei audacia para irlle co-ista nova canga... Pero xunteina, e vostede, xeneroso e traballador, atendeu coa habitual xentileza a miña teima. Estoulle outamente agradescido.
Logo da primeira carta, da que vostede mencioa, escribinlle outra (tamén a Basilea, naturalmente), porque aquela, despois de pórlle franqueo de certificada, guindeina distraído no buzón. Si é que lle chega, pois, non faga caso dela. Ten data 13 de avril.
Eiquí lembrámolos arreo. Inda hoxe, Anisia e mais eu, logo de escoitar Galicia emigrante parolamos sobor das utilísimas e inéditas ouservacións súas por Europa en relación con Galicia (o museo de Basilea, o de Lisboa, algunhas fachadas de Suíza, o livro de Tavares Rodrigues –que eu non coñezo–, etc.) Ogallá vostede se decida cando volte a escribir e pubricar un libro que recolla todas isas agudas esperencias.
Chegouse a Peña cultural gallega Rosalía Castro, en Rosario. Asistín á súa fundación e pronunciei unha confrenza sobor A cultura galega na hora aitual. Son cuase todos arxentinos de orixen galego. Están ben ourentados. Teñen un periódico mensual (Aquí Galicia) do que vai saír xa o 2º número.
Onte estivemos Anisia, eu e o e embaixador de Cuba no Teatro del Pueblo. Falando de vostede con Barletta, da súa obra diversa, díxome que non perdía o mentes de poder levar a escea La soldadera. Quedei en levarlle mañán El irlandés...
E por hoxe, non lle dou máis lata.

Nosas garimosas lembranzas prá señora Maruxa e vostede reciba unha forte aperta do seu invariábel amigo:

José Neira Vilas