PROXECTO EPÍSTOLAS

----

1 MENCIóNS A María Luisa Maceda

De orixe asturiana, é a muller de Celestino fernández de la Vega con quen casou en 1949.
Epístolas
Mencionado/a [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1977-10-21 Mencionado/a
Carta de Fernández de la Vega Celestino a Seoane. 1977
Lugo
A Coruña
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernández de la Vega Celestino a Seoane. 1977 en 21/10/1977



Lugo, 21-X-77

Querido Luis:

Onte entereime polo xornal da túa operación de próstata. Como estás en boas mans e coma esa doencia é cousa que, mais tarde ou mais cedo, chéganos a todos sin que a sua operación seña dificultosa, agardo que non tardarás en te recuperar.
De volta de Vigo, o día 15, estiven na túa fermosa exposición. Ven ser unha antoloxía da tua derradeira obra onde se ve moi ben a evolución depuradora a partir do cadro de García Sabell: un proceso de desprendemento de materia, de logro de limpa luminosidade con función plástica, unha senlleira axilidade expresiva con un grafismo personalísimo en ritmos e composiciós. Todo en toda unha obra madurecida, un froito maduro de unha semente nutrida pola nosa terra e anegrecida por unha experiencia da pintura do noso tempo. Os grabados son verdadeiramente extraordinarios e orixinalísimos. Coido que a visión conxunta da tua obra é un acontecemento cultural e un argumento irrefutable pos que din que os galegos non temos grandes pintores. Esa é a miña opinión de simple home curioso e profano, pro canso de ver camelos consumistas.
¡Noraboa!
De seguro que antes de saír pra Buenos Aires teremos ocasión de nos ver.
Co noso desexo de que te recuperes axiña, recibe nostra mais garimosa aperta, coa tua dona de

Celestino e María Luisa