PROXECTO EPÍSTOLAS

----
Epístolas
autoría [1]
Mencionado/a [4]
Remitente [1]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1954-11-10 Mencionado/a
Carta de Ramiro Isla Couto a Lois Tobío Fernández, 1954.
Caracas
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Ramiro Isla Couto a Lois Tobío Fernández, 1954. en 10/11/1954

RAMIRO ISLA-COUTO
APARTADO 1548
CARACAS

10 de noviembre de 1954

Benquerido irmán i-amigo:
Por correio aéreo enviei-che eixemprares do Suplemento Literario de "EL Universal" –o xornal de maior circulación en Caracas– e da revista "ELITE" a de maior difusión de Venezuela.
Conseguíuse de momento, e como proba, un artigo mensual en cada unha das prubricacións devanditas.
"El Universal" paga 45 bolívares (uns 15 dólares) e "Elite" entre 75 e 100 bolívares, según o intrés que teñan.
Para "El Universal" é preferibel o artigo corto e si é mester ilustral-o ten que sere con unha soia ilustración, salvo casos especiales. Silvio Santiago, un gran galego, dono da publicidade Iberia que é o que consigue isto, me encarrega che diga que convén lle busques tidoos ben "literarios", modernos, moi "inteleituales", pra iles é un oitenta por cento do éisito. Eu non sei si me eisprico ben, pero coido que me entendes perfeitamente.
En "Elite", revista esencialmente de familias, o éisito hai que buscal-o máis que nada entre as mulleres. Amores célebres, aventureiras e amantes da hestoria, etc. etc., enfín ti verás. Eiquí pódese ser máis longo e con varias ilustracións si fosen precisas.
Isto non é definitivo. Silvio estaba traballando a colaboración no "El Nacional", pero o que se encarrega das colaboracións anda de viaxe fai bastantes meses pol-o eistranxeiro, e como non acaba de chegar, ante a insistencia miña fixo istas xestións, que non perxudican nada as futuras, porque ista colaboración de agora sirve para darse a coñecer. Logo virán outras cousas.
E agora outra cousa. Che vou a enviar os dous derradeiros números de "Galicia" de Caracas. Pol-o adicado ao Dia de Galicia ollarás que Otero Pedrayo ía a vir a dar unhas conferencias e inviado pol-o Centro Galego ía a presidir os actos da Nosa Festa. As autoridades franquistas non-o deixaron vir porque dín que iste Centro é enemigo do réxime. Con tal motivo, vaise a publicar un número eistraordinario en homaxe a Otero. Pol-o entusiasmo que espertou en Galicia vai resultar unha cousa monumental, tanto, que o Centro Galego asustou-se ante o costo que lle supón, e como se fundou fai pouco tempo un Patronato da Cultura Galega, se fixo cárrego do asunto, e hai un entusiasmo tolo por levar a cabo a obra. Calcúlanse soio de Galiza unhos 50 traballos, que xa están chegando con fotos dibuxos etc.
Non queremos que falle a túa colaboración, tes tempo atá os primeiros dias de Decembro próusimo, pois pénsase metel-o na imprensa a segunda semán de dito mes.
E nada máis, non escribín antes porque estóu traballando como unha fera, visitando médicos, boticas, viaxando etc. e eiquí o traballo é moi duro, sobre tudo o de visita, e os transportes feitos un desastre, que se perde máis tempo n-isto que no demáis. Isto é o que me impide escribir-che. Esquecía-me, tamén che vou enviar os selos ofrecidos que os estou separando aos poucos.
Meus respetos a dona, agarimos aos pequenos e unha saudosa aperta do teu

Ramiro Isla Couto [sinatura autógrafa]

1955-02-13 Mencionado/a
Carta de Ramiro Isla Couto a Lois Tobío Fernández, 1955.
Caracas
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Ramiro Isla Couto a Lois Tobío Fernández, 1955. en 13/02/1955

RAMIRO ISLA-COUTO
Apartado, 1262

Caracas, 13 de Febreiro de 1955

Benquerido amigo e irmán Tobío:
Por correio aparte enviei-che o número de "Elite" e o Indice Literario do "El Universal", onde apareceron as túas colaboracións. Silvio está xestionando que che envien os cartos.
Cando se recibíu a primeira colaboración para "Elite", ista revista estábase vendendo, –a mercaron os donos do xornal "Ultimas Noticias", reialmente xa non había quen se ocupase de nada, os que saían porque se ían, e os que chegaban porque non sabían ren do asunto. Agora está Silvio, que era moi amigo dos que se foron, traballando a istes para que respeten o compromiso dos outros.
Silvio se encárrega que envíes máis colaboracións, para as duas publicacións, convén, asegún me dí, que teñan alí colaboracións, pois tendo publican aínda que digan que non lles intresa máis que unha ou duas veces por mes, pois as veces teñen o número monótono e tendo outro orixinal botan man d-il.
Silvio é o propietario da Publicidade Iberia i-encarguei-lle eu a do Thyocol, non tanto porque sexa un grande amigo meu, senón por eficacia, e non hai mais que ver as páxinas dos anuncios que publica iste e as que publicaba ARS, i-é que en Caracas non hai quen consiga a colocación do anuncio de maneira que o non coman os anuncios maiores, e procurando sempre que saia nas páxinas de menos publicidade. Eu vou a pregar-che o favor de que non prescindades d-il, primeiro por comenencia, por eficacia –en Xaneiro se venderon máis de 5.000 frascos, e no que vai de mes xa se chegou aos 2.000–, logo por boa persóa, servicial, gran amigo, e galego mañífico, e derradeiramente, por que o percisa, o por iso procura deixar a clientela contenta.
Eu remato como sabrás con Roche o día 28 e o primeiro de Marzo entro a traballar con Labrapia do Brasil, millor dito, unha empresa que representa a Labrapia e ten ademáis outros laboratorios. Cando cheguei de Montevideo no mes de Xuño, me fixo proposicións mellores que as que teño en Roche, e non aceptei porque non me parecía correcto regresar de pasar un mes de entrenamento por conta da cas, e largarme para outro lado. Cando estuvo eiquí Bowie, que chegou o mismo día que recibín a carta, lle dixen que non se preocupase, que eu atendería isto ata que chegase o meu sucesor, si o querían enviar antes, ou chegase dimpois por min non terían probrema, e n-isa ideia se foi, pero fun a saúdar ao que me fixera proposta, e sin decir-lle ren, voltou sobor do asunto e me ofreceu 2.500.- bs. de sueldo e transportes e gastos aparte. Naturalmente, aceptei de inmediato, como iste señor ten que irse ao eistranxeiro e debe de sír antes do 15 de Marzo, quere que comence o día 1º de Marzo e lle puxen un cable a Bowie dicíndo-lle que debía de comenzar n-isa fecha, pol-o tanto eu non podería estar un día máis. Iste cable cruzouse con un de Bowie no que lle comunicaba a axencia que me dixesen que continuase o mes de Marzo, na axencia sabían o meu compromiso e lle contestaron en tal senso. Cónto-che isto, or si se comentase ahí que eu non quixen prestar isa colaboración, que sepas que non foi mala ideia. Eu económicamente, salgo beneficiado por todas partes, cobro o despido que me corresponde, porque e de ley, e por riba me entran 300.- Bs. mensuales e 150.- ou 200.- que tiña que por do meu bolsillo con Roche, son casi 500.- bs. mensuales que é moito diñeiro en calquer parte. Estou molesto co a cousa moral, proque é inxusta e así llo vou a dicir, pero dend-o punto de vista económico quédo-lles agradecidísimo. Podes creermo, aínda que non llo diga a iles.
A miña direición será o apartado 1262 que é o de Silvio Santiago, o feito de que eu teña que deixar Roche, e excusado dicir que non ten nada que ver con as nosas relacións, que serán máis estreitas, porque seguramente, escribirei máis a miudo xa que o traballo meu futuro e moito máis liviano que o actual, e terei un tempo que non tuven agora.
Lembranzas garimosa aos teus e unha forte aperta do teu
Ramiro Isla Couto [sinatura autógrafa]

[Nota manuscrita na marxe esquerda do folio]:
Está Silvio traballando o faguer unha páxina galega de información nun xornal deiquí, para ver de que lla dean a Fole. Escríbelle n-ise senso e dalle a miña direición para uqe lle diga o que habería que faguer.
[sinatura autógrafa]

1960-12-07 Mencionado/a
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1960)
Ourense
Lugo
Orixinal
1974-09-16 Mencionado/a
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1974)
Ourense
Santiago de Compostela
Orixinal