PROXECTO EPÍSTOLAS

----

3 MENCIóNS A Ángel Ferrant (1891-1961)

Angel Ferrant Vázquez naceu en Madrid en 1891 e morreu nesta mesma cidade en 1961. Foi un escultor español vangardista iniciador da escultura cinética e surrealista española.
Epístolas
Mencionado/a [3]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1950-12-06 Mencionado/a
Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1950
Bos Aires
Vigo
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1950 en 06/12/1950

Buenos Aires, 6 de diciembre de 1950
Sr. F. Fernández del Riego
Vigo


Querido del Riego:

Acabo de recibir en este instante tu carta. A la anterior que había recibido tuya le dí respuesta hace aproximadamente una semana. El libro tuyo, como el de Carro, que aún no han sido distribuídos, se comenzará a hacerlo en la semana que viene; aquí han gustado mucho y creo que se venderán bien. No recibí los libros de poemas que me anuncias haber enviado y desearía tener sobre todo el de Pimentel y el de Manuel María del que leí un comentario tuyo en La Noche.

Leí tu propuesta al Centro Gallego. No sé que resolverán, por mi parte hablaré de ello, pero siempre se han enemigos a tener representante en esa para asuntos jurídicos y a montar una oficina en el mismo Centro. A mi la idea me parece buena y a mi mismo se me había ocurrido algo parecido hace tiempo. Para el asunto de la exposición de pintura, hoy, seguramente, se te designará oficialmente, con Paz Andrade para actuar en la selección de los tres pintores más que han de exponer en esta con Maside, Laxeiro y la Minguillón. Nuestro criterio es que deben venir pintores que aporten algo nuevo, como Maside y Laxeiro, a la pintura de Galicia. Caso en el que no están, a mi juicio, por lo que he visto reproducido en fotografía, ni Prego, ni Lejísima, ni algunos de los que habló aquí Paz Andrade. Para invitar a estos o a pintores semejantes se hubiese invitado a otros académicos o “pompiers” más conocidos. Pintores como esos hay en todos los países por docenas y no representan la pintura del país y Buenos Aires tiene un público muy despierto, no por nada se inauguran 40 exposiciones quincenalmente y desfilan por esta ciudad los pintores conocidos de todas partes del mundo. Las últimas exposiciones colectivas fueron en los últimos tres años la belga, la norteamericana, la francesa y la inglesa y cada uno de estos países envió lo que tenía en pintura de más vivo, arriesgado y personal. La española fué un fracaso precisamente por su falta de selección y por traer aquí todos los Chicharros y casi Chicharros que se les ocurrió. Se salvaron Solana, Zavaleta, Ferrant y Palencia y casi nada más. Sobre todo Solana que fué extraordinario su éxito, de lo demás nada. La crítica de arte es exigente y está rigurosamente al día. Aquí, por otra parte, hay un núcleo de buenos pintores quizá los más interesantes de América con los mexicanos y no debemos jugar con eso. Por mi parte sé que Maside y Laxeiro van a tener un gran éxito. Ya no sé Julia Minguillón, de todas maneras ésta que nos envíe cuadros como los paisajes de Lugo y nada como La escuela de Doloriñas o el Autorretrato con familia ingenuos y pícaros a un mismo tiempo y donde se hace uso de todas las recetas pictóricas de sobra conocidas. Perdóname por estos juicios, pero es necesario que te diga mi parecer, como es necesario que seáis exigentes en la selección de los otros tres pintores. No se trata de que seáis ecléticos (sic), sino de que una exposición eclética sería aquí un fracaso y no daría idea del renacimiento artístico de Galicia. Cuando yo propuse solamente a Maside y Laxeiro habían pensado en todo esto que te digo, además de la utilidad económica para ellos y la posibilidad de hacer con ese motivo dos monografías de ellos aquí. Pero una conversación en Vigo de cinco minutos de Estévez con Paz Andrade desbarató un plan que me llevó tiempo conseguir que lo aprobasen. A mi no me importa nada que gusten o no gusten los óleos a la gente de la colectividad, lo que sí creo que interesa a Galicia es que destaque su personalidad en una exposición de pintura en el extranjero. Todos sabemos que Juan Luis o Sotomayor pueden vender aquí a los almaceneros enriquecidos, pero no se trata de eso. Se trata de que en esta quede bien el arte gallego actual. Lo que te digo de Prego y Lejísima lo digo a través de las fotografías que he visto de su obra, puedo estar equivocado y me alegraría.

Esa idea de desconcierto que creo que hay que evitar la produce, precisamente, las páginas de Mundo Hispánico dedicadas a pintura.

Me gustaría que tú me dieses tu opinión sobre todo esto que te escribo.

El rector de la Universidad envió una respuesta a tu nota sobre la Universidad. Es tonta, mal escrita, confirma lo que tu escribiste y no se publica. Guarda reserva sobre esta noticia.

Para vuestro proyecto de cuaderno de “Galaxia” enviaré próximamente una colaboración, te agradezco os hubiéseis acordado de mí y cuenta conmigo para todo lo que deseéis de esta.
Saludos de mi mujer y mios para tu señora, para Maside y todos los amigos y tu recibe el abrazo de tu amigo:

Seoane

1979-03-02 Mencionado/a
Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1979
A Coruña
O Castro [parr. Osedo, conc. Sada]
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1979 en 02/03/1979

A Coruña, 2 de Marzal de 1979

Sr. D. Isaac Díaz Pardo
Sargadelos

Meu querido amigo:

Fai algúns anos o escritor e crítico Francisco de Miralles, escribíu nun artigo encol dos museos: “Polo momento non existe unha política museística. Non se plantexóu aínda o uso dos museos”. “Constituien, esto si, fontes de coñecemento histórico”. Referíase a España. Nos museos de outros países de Europa veñen, dende fai tempo, servindo a unha política educativa, constituíndo verdadeiros centros docentes a cuio frente téñense xentes non somente especializadas, senón con unha gran esperencia nesas custións. Non se trata soio da obra arquitectónica útil que se poda facer pra eles, con todo o que esixe un museo do noso tempo, senón do xeito en que o museo sirva á colectividade. Para elo, precisamos no primeiro tomo de L[aboratorio de] F[ormas] un plan de traballo educativo que parece non ter sido leído por cuasi ninguén, dándolle a razón a García Sabell en “O desdén pola lectura”, que tan axeitadamente escribíu fai uns dous meses. No traballo noso establecíase que o Museo de Arte Carlos Maside, fundábase co ouxeto de espallar, ilustrándoa, a intención dunha xeneración de artistas que reeron nas posibilidades dun arte galego, non somente caracaterizándose por unha temática propia galega, senón polos aspectos formais da obra de arte no noso tempo. Dende o punto de vista didáctico atendíase a mostrar neste pequeno museo a obra dos artistas galegos a partir do ano trinta, é decir, de aqueles que, pra nos, foron os primeiros innovadores, facendo a sua obra con concencia moi clara encol das posibilidades dun arte diferencial galego e tendo en conta o carácter precursor dun artista anterior, Castelao. Ningún outro. Eu fun o autor dese proieto feito de acordo con Díaz Pardo que pra ese mesmo número de L.F. fixo o proieto adicado a Sargadelos. Mais, así como Sargadelos fundouse plasmándose a sua realización con arreglo ás ideas de Díaz Pardo, a concepción do Museo, miña, como meu foi o maior aporte de obras, arredor de 140, da miña propiedade, reunidas en moitos anos, ou que merquei espresamente, ou obras propias feitas por min, ou que conquerín de amigos de moitos anos, aos que recabei o seu apoio, e que, xustamente polo seu aporte débense considerar, como a Isaac Díaz Pardo ou como a min, tamén sus fudadores.
Como antecedente das que denominamos funcións estáticas e dinámicas do Museo de Arte Carlos Maside, que influíron en xeral no meu traballo, débense ter en conta, o Tren de Arte que montaron os constructivistas, futuristas e abstractos rusos na época da sua revolución, os plans que deixaron escritos pra Escolas de Arte, esposicións, etc., Anxel Ferrant, Gabriel García Maroto e Manuel Abril, na década do vinte; Herbert Read e Schmidt de mais tarde, Director do Museo de Basilea, etc., e a esperencia transmitida oralmente no meu caso por Rafael Dieste, polos misioneiros pedagóxicos de España, fundadores de un Museo rodante con copias de obras do Museo do Prado, pronunciando conferencias sabor delas polos pobos españoles.
Mais teño que deixar aclarado que, do Museo de Arte Carlos Maside non fun nunca o seu director, senón un dos seus fundadores, si queredes, e facedes caso de Díaz Pardo que o publicou nun artigo, o seu fundador, posto que foi un soño da miña vida, do que falei e escribín moito; e doutros soños que tiñan que ver con diversos ensinos sinxelos pra o pobo e que deberon terse cumplido ao meu ver, a traveso do Laboratorio de Formas, logo de feitas a fábrica de Sargadelos e de estar en camiño de se facer o museo. Non poido ser. Cumplido en parte o soño do museo, soio en parte, a consideración desto e do que non se fixo, é xa un problema persoal, de incapacidade si queredes miña. Xa non discuto mais e retírome de calquer actividade que non teña que ver con que habitualmente fago, grabar ou pintar. Na miña resolución non hai acritudes, nin renuncia ás miñas vellas ideas galeguistas e non me arrepinto do seu pasado, do que estou, polo contrario, orguloso, fíxeno todo cecais mal, mais con dinidade. Desexo de non contribuir a mais discusións sobor actitudes inconsultas, personais, etc. Xa non teño mais nada que decir. Mais ben penso que fica todo dito e que nada afecta á amistade, como se pode deducir da carta que lle remitín a Díaz Pardo o 19 de Febreiro deste ano, e que foi contestada o 25 dese mesmo mes. Teño que engadir, con respecto á carta miña, rectifícome en canto ao referente á renuncia ás accións de mi pertenencia de Cerámicas de Sargadelos. Continúan sendo miñas, mais, os beneficios que produzcan estarán adicados a premiar cada dous anos ao pintor, grabador, ou escultor, en calquera dos seus xéneros, que, logo de ter traballado dez anos consecutivos no seu arte tivese probado a sua calidade na totalidade da obra feita, a xuicio dun xurado que nomee o Patronato do Museo de Arte Carlos Maside, e, a cuio xurado, ten de pertenecer un membro do Patronato. Non tendo o candidato menos de trinta anos de edade. Terá tamén de ser nado en Galicia, ou fillo de emigrantes galegos, ou simplemente de galegos. O beneficiado co premio deberá deixar unha obra ao Museo de Arte Carlos Maside.
Vivindo do meu traballo, esto é do pouco que podo facer, na miña situación, por Galicia.

Esto é todo. Remito fotocopia, perdoádeme, desta carta a cada un dos membros do Patronato.
Recibe unha grande aperta de

Seoane

1979-03-02 Mencionado/a
Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1979
A Coruña
Vigo
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1979 en 02/03/1979

A Coruña, 2 de Marzal de 1979
Sr. D. Francisco F. del Riego
Vigo.


Meu querido amigo:

Fai algúns anos o escritor e crítico Francisco de Miralles escribiu nun artigo encol dos museos: “Polo momento, non existe unha política museística. Non se plantexóu aínda o uso dos museos”. “Constituien, esto si, fontes de coñecimento histórico”. Referíase a España. Nos Museos de outros países de Europa veñen, dende fai tempo, servindo a unha política educativa, constituíndo verdadeiros centros docentes a cuio frente téñense xentes non somente especializadas, senón con unha gran esperencia nestas custións. Non se trata soio da obra arquitectónica útil que se poda facer pra eles, con todo o que esixe un museo do noso tempo, senón do xeito en que o museo sirva á colectividade. Para elo, presentamos no primeiro tomo de L. F. un plan de traballo educativo que parece non ter sido leído por cuasi ninguén, dándolle a razón a García Sabell en “O desdén pola lectura”, que tan axeitadamente escribíu fai uns dous meses. No traballo noso establecíase que o Museo de Arte Carlos Maside, fundábase co ouxeto de espallar, ilustrándoa, a intención dunha xeneración de artistas que creeron nas posibilidades dun arte galego, non somente caracterizándose por unha temática propia galega, senón polos aspectos formais da obra de arte no noso tempo. Dende o punto de vista didáctico atendíase a mostrar neste pequeno museo a obra dos artistas galegos a partir do ano trinta, é decir, de aqueles que, pra nos, foron os primeiros innovadores, facendo a sua obra con conciencia moi clara encol das posibilidades dun arte diferencial galego e tendo en conta o carácter precursor dun artista anterior, Castelao. Ningún outro. Eu fun o autor desde proieto feito de acordo con Diaz Pardo, que pra ese mesmo número de L.F. fixo o proieto adicado a Sargadelos. Mais, así como Sargadelos fundouse plasmándose a sua realización con arreglo ás ideas de Diaz Pardo, a concepción do Museo, miña, co meu foi o maior aporte de obras, arredor de 140, da miña propiedade, reunidas en moitos anos, ou que merquei espresamente, ou obras propias feitas por min, ou que conquerín de amigos de moitos anos, aos que recabei o seu apoio, e que, xustamente polo seu aporte débense considerar, como a Isaac Diaz Pardo ou como a min, tamén seus fundadores.

Como antecedente das que denominamos funcións estáticas e dinámicas do Museo de Arte Carlos Maside, que influíron en xeral meu traballo, débense ter en conta, o Tren de Arte que montaron os constructivistas, futuristas e abstractos rusos na época da sua revolución, os plans que deixaron escritos pra Escolas de Arte, esposicións, etc., Anxel Ferrant, Gabriel García Maroto e Manuel Abril, na década do vinte; Herbert Read e Schmidt de mais tarde, Director do Museo de Basilea, etc., e a esperencia transmitida oralmente no meu caso por Rafael Dieste, polos misioneiros pedagóxicos de España, fundadores de un Museo rodante con copias de obras do Museo do Prado, pronunciando conferencias sobor delas polos pobos españoles.

Mais teño que deixar aclarado que, do Museo de Arte Carlos Maside non fun nunca seu director, senón un dos seus fundadores; si queredes, e facedes caso de Diaz Pardo que o publicou nun artigo, o seu fundador, posto que foi un soño da miña vida, do que falei e escribín moito; e doutros soños que tiñan que ver con diversos ensinos sinxelos pra o pobo e que deberon terse cumplido ao meu ver, a traveso do Laboratorio de Formas, logo de feitas a fábrica de Sargadelos e de estar en camiño de se facer o museo. Non poido sere. Cumplido en parte o soño do museo, soio en parte, a consideración desto e do que non se fixo, é xa un problema persoal, de incapacidade si queredes miña. Xa non discuto mais e retírome de calquer actividade que non teña que ver co que habitualmente fago, grabar ou pintar. Na miña resolución non hai acritudes, nin renuncia ás miñas vellas ideas galeguistas e non me arrepinto do meu pasado, do que estou, polo contrario, orguloso, fíxeno todo cecais mal, mais con dinidade. Desexo de non contribuir a mais discusións sobor actitudes inconsultas, personais, etc. Xa non teño mais nada que decir. Mais ben penso que fica todo dito e que en nada afecta á amistade, como se pode deducir da carta que lle remitín a Diaz Pardo o 19 de Febreiro deste ano, e que foi contestada o 25 dese mesmo mes. Teño de engadir, con respecto á carta miña, rectifícome en canto ao referente á renuncia ás acciós de miña pertenencia en Cerámicas de Sargadelos. Continúan sendo miñas, mais, os beneficios que produzan estarán adicados a premiar cada dous anos ao pintor, grabador, ou escultor, en calquera dos seus xéneros, que, logo de ter traballado dez anos consecutivos no seu arte tivese probado a sua calidade na totalidade da obra feita, a xuicio dun xurado que nomee o Patronato do Museo de Arte Carlos Maside, e, a cuio xurado, ten de pertenecer un membro do Patronato. Non tendo o candidato menos de trinta anos de edade. Terá tamén de ser nado en Galicia, ou fillo de emigrantes galegos, ou simplemente de galegos. O beneficiado co premio deberá deixar unha obra ao Museo de Arte Carlos Maside.
Vivindo do meu traballo, esto é do pouco que podo facer, na miña situación, por Galicia.

Esto é todo. Remito fotocopia, perdoádeme, desta carta a cada un dos membros do Patronato.

Recibe unha grande aperta de:


Luis Seoane