PROXECTO EPÍSTOLAS

----

LOCALIZACIóN: 26 de Marzo, 3411, apto. 6

Epístolas
2 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1965-01-18
Carta de Fernando Pereira Caamaño a Lois Tobío Fernández, 1965.
Montevideo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernando Pereira Caamaño a Lois Tobío Fernández, 1965. en 18/01/1965

Montevideo, 18 de Xaneiro de 1965.-

Estimado señor Tobío:
Xa está pra sair da imprenta a súa fermosa laboura sóbor Pondal, que fora premiada no ano 1959 no Certamen Literario orgaizado por Casa de Galicia. Por todo elo, é que me toma a liberdade de poñerlle catro letriñas en nome da Comisión de Instrucción de dita Instituzón (da que son Segredario), pra pedirlle un cativo favore. Este favore, consiste en que me envíe axiña unha biografía súa (algo así como un "curriculum vitae" da sua persoalidade literaria) pra poder faguer unha especie de limiar nos libros, xa a punto de xurdir.
Ten que perdoar ó meu atrevemento de escribirlle sin eisistir antre nos relación algunha (millor dito, fomos presentados cando viñera Otero Pedrayo a Montevideo, naquela xornada de galeguismo sán en que interveñera tamén vostede), anque coido que alá no carozo da nosa i-alma sempre houbo relación.
Co desexo de que ó aninovo veña, pra vostede e os seus, cheo de ledicias, reciba un saúdo afectuoso de
Pereira [sinatura autógrafa]

Rógolle dirixir a súa resposta a:
FERNANDO PEREIRA CAAMAÑO
26 de Marzo 3411. apto. 6
Montevideo.

[na esquina superior dereita hai unha pequena nota escrita a man con bolígrafo azul]: C. 26 xaneiro

1965-06-07
Carta de Fernando Pereira Caamaño a Lois Tobío Fernández, 1965.
Montevideo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernando Pereira Caamaño a Lois Tobío Fernández, 1965. en 07/06/1965

Montevideo, 7 San Xoán 1965.-

26 Marzo 3411, ap. 6
Montev.
F. Pereira
Estimado Sr. Tobío:
Por fin hoxe (vencendo unha preguiza que non me daba acougo), póñome de novo en contaito con vostede, i a darlle moitas e boas novas.-
Polo mare, que nos xunta e nos alonxa, mándolle unha mostra da sua fermosa laboura "Valoración de Pondal". Tamén a que corresponde ó premio de poesía do mismo Concurso, oû sexa "Cinco poemas galegos", de Víctor Luis Molinari. Asimismo, no mismo paquetiño, adxunto un novo chamado a concurso, con motivo dos 15 anos da morte do noso xamais ben gabado Castelao. É decir, as Bases do concurso orgaizado por "Casa de Galicia", cuio tema é: "Castelao no arte galego". Ademáis (tamén no mismo feixe) vai ó primeiro número de "Guieiro", periódico do "Patronato da Cultura Galega", xa que coido que será do seu interés.-
Según os Estatutos de "Casa de Galicia" debemos enviarlle 50 volumes da Edición. Agardamos a resposta e ó xeito millor de que chegue aô seu poder.-
Remato a carta, anunciándolle que "Casa de Galicia" (como un anaco das "X Xornadas de Cultura Galegas") fará un pequeno aito literario, e n-el entregaremos púbricamente os libros a Molinari. ¡Que pena non contar coa presencia física de vostede! ...

[continúa na marxe esquerda da folla] Seica pronto. Namentras reciba unha aperta de:
F. Pereira [sinatura autógrafa]

[na esquina superior dereita, escrito a man e con bolígrafo vermello:] Cont. 21-IX-65