PROXECTO EPÍSTOLAS

----

LOCALIZACIóN: Montes de Oca, 21

Epístolas
1 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1958-02-27
Carta de Ramón Valenzuela Otero a Lois Tobío Fernández, 1958.
Castelar
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Ramón Valenzuela Otero a Lois Tobío Fernández, 1958. en 27/02/1958

Ramón de Valenzuela Otero
LICENCIADO EN FILOSOFÍA Y LETRAS
MONTES DE OCA 21
CASTELAR (F.C.N.D.F.S.)
27 de Febreiro de 1958


Sr. D. Lois Tobío
MONTEVIDEO


Querido Tobío:
A Comisión de Cultura do Centro Pontevedrés encarregoume que che escribira pra che pedir unha conferencia no día 11 de Abril que vén, co gallo de celebrar o aniversario da Repúbrica. Como é natural a dita entidade correría cos gastos de viaxe i estadía teus e da tua dona. No caso que aceitaras a invitación convíñalles (mellor dito convíñanos, porque eu tamén son da dita Comisión) que dixeras o tiduo da conferencia pra facer con tempo os programas e a propaganda.
AGUEA estase animando moito pra este ano. Aparte dos cursos e das conferencias que coido serán como sempre, pensamos intensificar as pubricacións. Ademáis, comezando precisamente no Pontevedrés, faremos varias sesións do Teatro Lído que, de certa maneira, compretará a laboura que B. Amor fai co Teatro Popular Galego. Pensamos comezar con "A Fiestra Valdeira", seguir con "A Soldadeira" de Seoane e despois con unha comedia que eu fixen, da que estou noi contento.
CITANIA está encaixando ben na coleitividade e xa está pra sair "Esmorga" de B. Amor e unha comedia de Fole.
Eu estou satisfeito de como vai eiquí o galeguismo e ainda mais porque vexo que van desaparecendo as pequenas xenreiras que tanto mal nos teñen feito.
Mariví está moi contenta de que veñades e xa fai proieitos pra que o pasedes ben.
Unha forte aperta pra ti e saudos a Mª del Carmen de teu irman

[Ramón Valenzuela] [sinatura autógrafa]

[na marxe esquerda, nota a man]: Agradeceríache un exemplar do diario onde sale unha nota encol da miña novela.