PROXECTO EPÍSTOLAS

----

LOCALIZACIóN: Presidente Wilson (Rambla), 503

Epístolas
2 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1969-07-07
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969
Nova York
Montevideo
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969 en 07/07/1969

Montevideo, 7-VII-69

Estimado Seoane:

Adxunto unha biografía de Xavier Pousa, que era a que faltaba coas demais biografías, dos outros grabadores, coido que vostede debería faguer un pequeno limiar eispricando o senso da mostra. Algúns traballos veñen sin tiduo: ¿que poñemos no catálogo?
Tamén adxunto os retratos. Foron feitos voando. Polo tanto, perdone os erros que olle.
¿Non podería haber algunha posibilidade de contar coas súas cerámicas? ¡Fixemos tanta propaganda!.. Por certo que eiquí quizaves poidera haber pezas de Sargadelos (das antergas) que non sei si correspondería contar co elas. En fin, agardo impacente a súa verba.
Nestas XIV Xornadas de Cultura Galega está en cáseque todo á súa man. De calquera maneira, queremos telo con nós algún día, de todo corazón.

Unha aperta irmán:

Pereira

1969-07-22
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969
Nova York
Montevideo
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969 en 22/07/1969


Montevideo, 22-VII-69

Benquerido Seoane:

Non pode imaxinarse a miña pena... Acaban de entregarme o libro de Manuel María e vostede pode ollar o desastre. A rabia que teño é porque non podemos facer nada. O papel (gratis) douno IPUSA e o traballo fixo FUS a un costo baixísimo (quizaves gratis tamén) e así non hai moito dereito a protestar pola transparencia dos debuxos. Teño moita pena, xa que todos (e non digamos vostede) puxemos moito agarimo na laboura.
Onte falei por teléfono con Pérez Prado, quen me dixo que viña o sábado. De inmediato comuniqueino aos demais membros da Direitiva. Estamos moi ledos e moi agradecidos por esta nova deferencia que ten con nós.
Adxúntolle dúas invitacións pra inauguración da Eisposición, que agora será o próisimo viernes 25, pra tratar de ter nesa data (Día de Galicia) a cerámica. O pasado 14 puxemos un cable a Díaz Pardo pedíndolle que mande algo por avión. Conseguimos un permiso do Municipio deica ó 4 de agosto )que cáseque seguro alongarase hastra o 10).
Non deixen de avisar con tempo pra ire a agardalos. Teñen reservada unha habitación pra dous no Hotel Los Ángeles, 18 de julio 974, a nome de vostede (e do Patronato).
Adxunto tamén algúns programas das XIV Xornadas de Cultura Galega.

Saúdos prá súa dona. Unha aperta:

Pereira