PROXECTO EPÍSTOLAS

----

LOCALIZACIóN: Reconquista, 1

Epístolas
18 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1961-07-28
Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1961.
Vigo
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1961. en 28/07/1961

EDITORIAL GALAXIA, S. A.
Reconquista, 1
Teléfono, 8204
VIGO - 28-xulio-1961

Sr. D. Luís Tobío Fernández
Montevideo

Meu querido amigo:
Recibín a túa carta do 19, pero ningunha outra chegóu, en troques, ó meu poder. Si así non fose teríache respostado coa puntualidade con que adoito facelo.
Vexo que no envés do sobre figura unha nova direición. Nada sabía que te trasladaras de domicilio, e témome que non recibas os libros de Galaxia que seguimos remesando ó anterior enderezo.
Con relación ás encomendas que me fas, debo manifestarche o seguinte:
Hoxe mesmo, por correo aéreo certificado, mandeiche unha coleición de 42 fotos de paisaxes, vilas, etc. Algunhas delas coido que son boas. Podes escoller as que milor che parezan. Andiven de cabeza pra as precurar, valéndome dunha xente e doutra. Si me tiveras concedido algún marxe de tempo, seríame máis doado conseguir series completas.
Ontes escribinlle a Parga Pondal no senso que me indicas. Cando me conteste, informareite do que diga.
Escribo moi de presa, porque ando cheo de atafegos que non me permiten respiro. Outro día fareino máis de vagar.
Non deixes de me comunicar a receición das fotos, pra a miña tranquilidade.
A forte aperta de sempre, de
Fernández del Riego [sinatura autógrafa]

1963-00-00
Carta de Ledo a Seoane. 1963
Nova York
Vigo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Ledo a Seoane. 1963 en 00/00/1963

EDITORIAL GALAXIA S.A./Reconquista, 1-Teléfono 18204/VIGO

ca. 1963

Querido Luis:

Escríbote á casa do Marcial Suárez porque non teño a tua direición en Madrid e dime Xosé Suárez que atopas a cotio ó seu irman.
Quixera que, se podes, mandes a volta de correo unha nota cos libros ilustrados con grabados e as esposiciós de grabados (cas datas) pra poñer coma cabo do meu escrito. Se tamén tes a man fotografias dos grabados da esposición da Cruña e queres envialas, mirarei de usar delas, pois que o tempo empurra polo aquel da censura que fána en Madrid. Eu xa fixen un testo e poño unhas ilustraciós tiradas dos libros que teño, todo vai xa na imprenta prás probas que pasarán na censura, pro coido que poderei facer algunha alteración.
Lembranzas pra Maruxa de Mimi e mais miñas.
Unha forte aperta.

Ricardo

1964-00-00
Carta de Ledo a Seoane. 1964
Nova York
Vigo
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Ledo a Seoane. 1964 en 00/00/1964

EDITORIAL GALAXIA S.A./Reconquista, 1/Telefono 18204/VIGO





Querido amigo: [1964]

Recibin o teu libro de grabados que foi moi do noso agrado, de Mimi e mais de min, amolos dous agradecemos moito o regalo. Hai grabados mañificos non somentes pola teinica, senon pola grandisima emotividades dos mesmos; pros que coñecemos a Venecia é realmente unha cidade ensoñada a que nos chega dende a tua obra, a suxerencia é direita e podente.
Andamos, Paco e mais eu, as voltas co libro dos teus grabados xa estan preparados os grabados e agardamos polo testo que dixo Domingo nos remesaría un distes dias. De seguida, farase a impresion. Confiemos en que seipamos e podamos facelo todo o ben que merece o tema.
Que traballes moito e con proveito. E agardando a vosa volta recibide Maruja e tí unha forte aperta e a nosa amistosa lembranza.

Ricardo García Suárez

1964-06-18
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1964
Nova York
Vigo
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1964 en 18/06/1964

EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 18204/ VIGO
18-junio-1964
Sr. D. Luis Seoane
Buenos Aires
Mi querido amigo:
Recibí tu carta del día 2 de junio, después de un largo silencio que me extrañaba. Por lo que en ella me dices, veo que sigues entregado a la intensa actividad de siempre. Me agradará mucho recibir esas dos separatas de trabajos tuyos, que me prometes.
Aunque no mantengo ninguna relación epistolar con personas de ahí, ni me llega noticia alguna de lo que ocurre en la colectividad, sí he visto la nota estúpida a que te refieres. Creo que no merece la pena ni de hacerse eco de ella. Sin embargo, creo que estuvo muy bien esa actitud de solidaridad de los escritores y artistas argentinos, y de la Directiva y Comisión de Cultura del Centro Gallego.
Respecto al tomo sobre tus grabados, se hará lo que indicas. A fin de que pueda destinarse a público distinto del de habla gallega, haremos una edición bilingüe. Hablaré con Xohán Ledo sobre el particular, ya que será él quien dirija la edición. Cuando tengamos en nuestro poder el estudio de García Sabell, lo traduciré yo mismo al castellano. Luego habrá que hacer tres copias de cada uno de los textos, y de cada uno de los grabados para enviarlas a Madrid a la censura.
Para el álbum de dibujos de Colmeiro hizo un bello prólogo Rafael Dieste. Ya lo enviamos a Madrid, junto con las copias de los dibujos para obtener el permiso de publicación.
Según mis noticias y lo que leí en la prensa, las obras que presentaste fuera de concurso a la Exposición lucense de pintura gallega, llamaron la atención y gustaron mucho. Ya sabrás que el primer premio se lo dieron a Tino Grandío, y el segundo a Mercedes Ruibal.
Mientras no preparas los trabajos para el volumen sobre cuestiones artísticas de Galicia, podías enviarme uno o dos de ellos para la revista Grial, los que te parezcan más oportunos.
¿Recibes normalmente los libros de Galaxia? Si te interesa algún libro, o todos, de los que dejamos de enviarte cuando hiciste el viaje último a Europa, dímelo para remitírtelos seguidamente.
De por aquí nada hay que contarte que tú no sepas. Hace unos días, y en vista del tiempo veraniego de que disfrutamos, nos hemos trasladado ya a Coruxo.
Cariñosos saludos a Maruja, de Evelina para ambos, y un fuerte abrazo para tí de
Fdez del Riego

1965-07-16
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1965
Nova York
Vigo
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1965 en 16/07/1965

EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 18204/ VIGO
16-julio-1965
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires

Mi querido amigo:
Recibí tu carta del 18 de mayo. El agobio de trabajo me impidió contestarla antes, aunque tenía el propósito de hacerlo. Coincidió todo con la Junta general de Galaxia, la organización de una caseta de nuestros libros en la Feria del Libro de Madrid, y posteriormente de la que se celebró en Santiago. Todas estas labores pesaron sobre mí, y no dispuse de un momento libre para otras cosas. Sin embargo, te mandé por correo aéreo el primer ejemplar de la edición de tus grabados. Posteriormente se te enviaron por vía marítima, y correo certificado, los 150 ejemplares que pediste para colocar ahí. El precio mínimo a que podemos venderlo es de 75 pesetas. Dime si te gustó como quedó la edición. Como verías, la imprimimos en papel registro, pues tanto Xohán Ledo como yo entendimos que resultaba mejor que lo que vosotros llamáis papel ilustración. En fin, ya me dirás lo que te parece.
Díaz Pardo me entregó tu carpeta, Bestiario, que me gustó muchísimo. Te la agradecí de corazón.
Espero que me envíes el trabajo prometido para Grial sobre Asorey.
Me parece muy buena la idea de hacer un volumen sobre Laxeiro, con prólogo de Lorenzo Varela. Si, por otra parte, se hace cargo de los clisés de color y se compromete a adquirir 150 ejemplares, mejor que mejor. Estoy pendiente, pues, de que me envíes la fotografía y el texto.
Supongo que ya habrá llegado a tus manos el ejemplar de las Cantigas d´escarnho e de mal dizer que, por indicación mía, te enviaron desde Coimbra. Se trata de una obra importantísima, que está causando sensación en los medios romanísticos de todo el mundo.
Recibí una gran alegría cuando supe que te habías hecho cargo de la dirección de la revista del Centro Gallego. Me imagino lo que supondrá para tí de pérdida de tiempo, pero constituye una garantía para todos el que seas tú quien esté al frente de ella.
No sé si te dije que Dieste publicó un libro titulado Diálogo de Manuel y David. Estos días llegó a Galicia Colmeiro. También está aquí Valenzuela.
Y nada más por el momento. Cariñosos saludos a Maruja, de Evelina para los dos, y para tí el cordial abrazo de siempre de
Fdez del Riego

1965-09-08
Carta de Galaxia a Seoane. 1965
Nova York
Vigo
Nova York
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Galaxia a Seoane. 1965 en 08/09/1965

8-IX-1965
Sr. D. Luís Seoane
Montevideo 1985-13º
Buenos Aires

Muy sr. nuestro:
En ausencia del Sr. Del Riego, que pasa una breve temporada de descanso en Portugal, le adjuntamos, por indicación suya, la Factura correspondiente a los 150 ejemplares de su libro de grabados, que le remitimos en el pasado mes de julio.
Con tal motivo se ofrecen de Vd. attos. ss. ss. y amigos.

A carta leva adxunta factura correspondente aos 150 exemplares do libro de grabados.

1967-09-22
Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1967.
Vigo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1967. en 22/09/1967

EDITORIAL GALAXIA, S. A.
Reconquista, 1 - Teléfono 218204
VIGO - 22-setembre-1967

Sr. D. Luís Tobío
Madrid

Meu querido amigo:
Fai unha chea de tempo que nada sei de ti, nin direita nin indireitamente. Pesie á maior prosimidade, seguimos máis incomunicados que cando estabas en Montevideo.
¿Qué é da tua vida?
Escríboche agora istas liñas pra tratar do terceiro tomo da "Historia de Galiza". Dixéronme Prada e Don Manuel Puente que ti te encarregarías da edición, como fixeche cos outros dos volumes.
O texto do tomo xa está rematado. Abrangue 362 folios, mecanografiados sobre o orixinal manuscrito que deixou Cuevillas, e 90 máis que escribíu Xesús Taboada Chivite como apéndice e posta ó día. Hai tamén fotos e dibuxos prá ilustración. Pero sería comenente que ti dixeses sobre pouco máis ou menos, a cantidade deles que se necesita.
Si aínda estás disposto a te facer cárrego do traballo, escríbeme decíndome o que debo facer. ¿Queres que che remese xa o material, ou tencionas faguer antes algunhas xestiós nas imprentas, recabando presupostos, etc.? Fico pendente das tuas novas.
¿Por qué non me envias algún traballo teu pra "Grial"? Algo has ter por ahí que servirá pra publicar na revista.
Garimosos saúdos meus e da miña muller, prá túa e prós rapaces, e pra ti a cordial aperta de sempre, de
Paco [sinatura autógrafa]

1969-02-10
Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1969.
Vigo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1969. en 10/02/1969

EDITORIAL GALAXIA, S. A.
Reconquista, 1 - Teléfono 218204
VIGO - 10- febreiro-1969

Sr. D. Luís Tobío
Madrid

Meu querido amigo:
Producíronme gran alegría a túa carta do día 3 e máis o traballo sobre Gondomar, pra "Grial". Paréceme francamente interesante e unha calificada aportación prá revista. O que ocurre é que xa non poderá ir no número que temos no prelo. Tivemos que apresurar a presentación de probas por mor da censura, pra que poida saír dentro de plazo. Publicarase, pois, o teu traballo no número correspondente ó segundo trimestre diste ano. Fareiche, cando apareza, 25 ou 30 separatas. Tan axina como se compoña correxirei eu as probas de galerada e remesareiche despóis as de páxina pra que tí as repases antes de as imprimir.
Alédame moito que veñades pasar o vran a Vilagarcía. Acompañareite na túa andadura pola terra de Gondomar. Conozo ó herdeiro do vello Conde e procuraréi del autorización pra visitar o pazo, que, por certo, é cousa moi probe.
Escríboche moi a presa porque acabo de chegar de Coimbra e atópome eiquí cunha chea de traballo atrasado, que teño que despachar decontado.
Garimosos saúdos de nós os dous pra túa muller e o teu fillo, e pra tí a cordial aperta de sempre, de

F. del R. [sinatura autógrafa]

1969-03-24
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1969
Nova York
Vigo
O Castro [parr. Osedo, conc. Sada]
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1969 en 24/03/1969

EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 218204/ VIGO
24-marzo-1969
Querido Seoane:
O sábado que vén, a meia tarde, si é que non xurden incomenentes, temos proieitado ir facervos a visita prometida, Xohán Ledo e máis eu, coas respeitivas mulleres. De xeito que, si non tedes compromiso de saída do Castro, agardádenos.
Xa lle escribín a Marcial Suárez e quedamos de acordo prá edición do seu fermoso libro. Onte entreguei o orixinal na imprenta. Compre, por iso, que me mandes canto antes a portada e as ilustraciós. Faremos unha edición de 3.000 exemplares, dos que 750 serán especiales, impresos en papel rexistro.
Xohán Ledo está totalmente conforme en que señas tí quen fagas a tapa e as ilustraciós. E nós, naturalmente, estamos satisfeitísimos de contar con esa colaboración.
Deica logo, e con garimosos saúdos a Maruxa, mándache unha cordial aperta
Fdez del Riego

Supoño que che mandarían o Perfil que che fixo Pablos en Faro de Vigo

1970-05-06
Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1970.
Vigo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1970. en 06/05/1970

EDITORIAL GALAXIA, S. A.
Reconquista, 1 - Teléfono 218204
VIGO - 6-maio-1970

Sr. D. Luís Tobío
Madrid

Meu querido amigo:
Recibín a seu tempo a túa carta, como comprenderás. Agora chegáronme as probas correxidas do teu traballo pra "Grial". Faranse as separatas que pides, cando o número se publique.
Estiven tratando de localizar a Fernández de Córdoba, pra lle pedir as cousas que che interesaban. Pero ese home anda con frecuencia fora de Vigo e non puiden dar con el.
Por tal motivo optéi por recurrir á Biblioteca Penzol. Onte mandeiche por correo certificado o "Bosquejo histórico", e o número do "Museo de Pontevedra" no que figura o artigo que me pedías.
Estimaríache moito que tiveses conta de ambos volumes, e que mos devolveses axina como fagas uso deles, pois na Biblioteca non hai duplicados.
Alédame moito a nova de que este ano viredes á Guardia. Confío en que nos vexamos, como é natural.
Garimosos saúdos a todos vós da miña muller e máis meus, e pra ti a cordial aperta de sempre, de

F. del R. [sinatura autógrafa]





C/c. Banco de La Coruña, Banco Pastor, Banco H. Americano
Banco Exterior de España, Caja de Ahorros Municipal de Vigo



1972-06-18
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1972
Nova York
Vigo
A Coruña
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1972 en 18/06/1972

EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 218204/ VIGO
18-xunio-1972
Sr. D. Luís Seoane
A Coruña

Meu querido amigo:
Como che prometín, ahí vai a fotocopia do teu traballo en Alento.
Tamén sairán mañá, por correo certificado, os vinte exemplares de Comunicacións mesturadas.
Eu ando estes días un algo amolado de saúde, inda que supoño que non ha ser cousa grave.
Garimosos saúdos a Maruxa, de Evely pra os dous, e pra tí a cordial aperta de sempre
Fdez del Riego

1973-02-26
Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1973.
Vigo
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1973. en 26/02/1973

EDITORIAL GALAXIA, S. A.
Reconquista, 1 - Teléfono 218204
VIGO - 26-febreiro-1973

Sr. D. Luís Tobío
Madrid

Meu querido amigo:
Recibín as túas liñas e máis o traballo pra o "Grial". Coido que é moi interesante e moi oportuno. Xa non poderá ir neste número do primeiro trimestre, porque hoxe ou mañá sairá do prelo. Irá encabezando o prósimo, correspondente ao segundo trimestre do ano.
Xa vexo que desertástedes definitivamente das paisaxes viguesas. Síntoo de verdade, porque os días de vacacións estiváis servíannos pra poder falar e rememorar vellos tempos. Confío, porén, que teremos algunha ocasión de poder atoparnos outravolta.
Alédame moito que lle deras remate ao libro encol de Gondomar. Habería que percurar un xeito de o editar axina. Si non fora tan voluminoso xa, dende agora, comprometíame a que o publicase Galaxia. Pero o presuposto de edición ha ser grande, e os nosos recursos financieiros son moi limitados. ¿Por que non falas con Álvaro Gil, pois quizaves axudara a sufragar o custe? Sería unha pena que a publicación da obra se demorase, despóis do grande traballo feito.
Garimosos saúdos da miña muller e meus pra todos vós, e pra ti a cordial aperta de sempre

Paco [sinatura autógrafa]




C/c. Banco de La Coruña, Banco Pastor, Banco H. Americano
Banco Exterior de España, Caja de Ahorros Municipal de Vigo

1973-12-29
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1973
Nova York
Vigo
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1973 en 29/12/1973

EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 18204/ VIGO

29-decembro-1973
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:
Entérome neste mesmo intre da doorosa nova do pasamento da túa nai. Non necesito decirche a fonda impresión que a nova nos produciu a Evelina e máis a min. Ben sabes do entrañábel da nosa amistade, e folgan por eso as palabras pra que te decates da emoción coa que compartimos o sentimento que embargará o teu ánimo nestas triste circunstancias.
Vaia, pois, coas presentes liñas, unha forte i expresiva aperta de
Paco y Evelina

1974-01-22
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1974
Nova York
Vigo
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1974 en 22/01/1974

EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 18204/ VIGO
22-xaneiro-1974
Sr. D. Luís Seoane
Vigo
Meu querido amigo:
Acabo de recibir as túas liñas do día 15 dos correntes, precisamente cando acababa de me despedir de Alberto Vilanova despóis de xantar xuntos.
Impresionóume moito a nova do pasamento de Falcini, e, sobre todo, do Dr. Scheimberg, a quen tanto estimaba.
Tamén por aquí as mortes sucédense. Finóuse, como saberás, Don Xesús Carro. Aos poucos días, Augusto Casas en Barcelona. Tamén morréu no Hospital de Vigo Urbano Lugrís. E nun Hotel da Guardia, onde pasaba as Navidades, José Suárez.
Como ves, os vellos amigos vanse indo. A desaparición de algúns deles producíume verdadeira anguria.
O núm. 40 de Grial mandóuseche a Buenos Aires cando se publicóu, como puiden comprobar pola relación de envíos de Galaxia. Conócese que se extravióu. De todos os xeitos, ontes remesámosche un novo exemplar. Non sei que pasa cos correos. Como agora a maioría dos barcos non tocan no porto de Vigo, os retrasos que se producen son moi grandes.
Garimosos saúdos a Maruxa, de Evely pra os dous e pra tí a forte aperta de sempre de
Fdez del Riego

1974-05-30
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1974
Nova York
Vigo
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1974 en 30/05/1974

EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 218204/ VIGO
30-maio-1974
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires
Meu querido amigo:

Xa vai pra un mes que recibín a túa carta. Seguindo as indicacións que me facías, pedinlle a Isaac unha xerocopia do artigo de Corredor Matheos. Pareceume moi interesante. Sairá reproducido, na súa maior parte, no número de Grial que está no prelo. Pra que non aparezan dúas cousas xuntas no mesmo número, deixéi pra o seguinte os comentos dos teus derradeiros albums de dibuxos.
Por aquí andivo, nefeito, Castro Couso. Porén, eu non o vin nin soupen del máis que o que teño lido na prensa. Parece que foron Mon e Naya os que o acompañaron e lle prepararon unha mostra dos seus traballos.
Non me esquezo da edición do libro de Pita. Confío en que aló pra o outono esteña na rua. Pesie ao afecto que por el sinto, cústame moito dar este paso. Pola sinxela razón de que temos en turno de publicación unha ducia de volumes de versos, cuia aparición vou demorando, e cando os poetas vexan editado o libro de Pita reaccionarán moi mal. Sobre todo porque hai algún que agarda dende hai máis dun ano.
O outro día estiven en Padrón con Dieste e Isaac, que foron acompañados das suas mulleres pra asistir ao acto do Pedrón de Ouro que lle concederon a Álvaro Gil. Tamén estivo Valentín e moitos amigos. Por certo que alí nos amostraron o libro de Luís Villaverde encol dos mariscos, que acababa de publicárese.
Pesie á fermosa xeira aberta polos nosos veciños, as cousas por aquí siguen máis ou menos o mesmo. A ver si cando tí veñas se deseñan outras perspectivas.
E nada máis por hoxe. Con garimososo saúdos a Maruxa, e de Evely pra os dous, recibe a forte aperta de sempre, de
Paco

1974-06-18
Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1974.
Madrid
Vigo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1974. en 18/06/1974

18 xunio 74

Meu querido Del Riego: Recibín a primeira parte das probas de páxina mais non chas poderéi mandar hastra recibir a totalidá pra poñer os números das páxinas a que se fai referencia no texto.
Por outra parte estóu a facer o Indice alfabético, necesario nunha obra deste tipo. Asi mo indicóu Alvaro Gil. Xa teño feita, en fichas, a parte que me mandaches o todo irá moi de contado.
Carlos Martinez-Barbeito quer que presente o libro no Museu de America nun acto que él vai orgaizar. Pareceme ben porque dise xeito daráse máis a coñecer. Pero como agora escomenza a estació morta en Madrid, será mester aprazalo deica setembro. De todos xeitos non convén lanzar o libro nos dous meses que veñen.
Pola miña parte todo ha ir ben axiña, incruso o Indice alfabetico.
Moitas apertas de todos nós pra tí e a tua muller. E tamén lembranzas para os teus irmans.

1974-06-30
Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1974.
Madrid
Vigo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Lois Tobío Fernández a Francisco Fernández del Riego, 1974. en 30/06/1974

30 xunio 1974

Meu querido del Riego:
Hoxe mándoche por correu certificado as probas de páxina de todo o libro. Puxen nelas as indicacións das páxinas cando se fan referencias. Tamén fixen algunhas correccións por si poden ser introducidas aínda.
As probas de galera mandareichas mañán. E dentro dalguns dias o indice onomástico que xa teño feito e soio compre pólo en limpo.
Ainda non sabemos si iremos a Galicia neste vran. De todos xeitos seria a Viveiro. Depende de cando poida ter vacacións. Ainda non se firmóu a orde ministerial repoñendome. Agardoa dun dia pra outro e xai coido que tarda.
Recibide os dous unha aperta estreita.
[sen asinar]

1974-10-03
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1974
Nova York
Vigo
Bos Aires
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1974 en 03/10/1974

EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 218204/ VIGO
3-outubro-1974
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires
Meu querido amigo:
Recibín as túas liñas do día 29 de setembre derradeiro. Alédame moito que sigas a traballar coa intensidade de sempre. Supoño que ese desacougo físico non será cousa de coidado. Tamén eu me sinto moi canso. Estoóu decidido a deixar a responsabilidade de Galaxia ao rematar o ano, pois xa non podo con tantas obrigas e preocupacións. Os anos pesan i é inútil desconocelo.
O viaxe do Valentín producíuse sin pena nin groria. Ao menos que eu seipa. Somentes algunhas referencias de prensa, e do demáis nada. Coido que foron moi contados os que fixeron caso del.
O número 44 de Grial mandóuseche por correo marítimo o día 6 de xunio. Calculo que arestora estará no teu poder.
Dime cal é o enderezo de Pita pra lle mandar o seu libriño, pois sairá do prelo un destes días.
Coido que estarás enterado por Díaz Pardo da xuntanza do Patronato do Museu Maside. Entendo que será moi proveitoso o que se pensa facer pra o futuro do arte galego.
E nada máis polo momento. Teño vivos desexos de vos volver a ver aló polo xaneiro.
Con garimosos saúdos a Maruxa, e de Evely pra os dous, mándache a cordial aperta de sempre
Fdez del Riego.