PROXECTO EPÍSTOLAS

----

LOCALIZACIóN: 18 de Julio (Avenida), 966 - Local 102

Epístolas
1 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1972-06-05
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972
Nova York
Montevideo
Nova York
Bos Aires
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972 en 05/06/1972


Montevideo, 5 de xuño de 1972

Sr. Don
Luis Seoane
Montevideo 1985
BOS AIRES

Benquerido irmán:

Dimpois de falar con vostede por teléfono, quedei moi inquedo. Voltei a ver a Eladio Dieste, quen me dixo teistualmente: “Seoane pasouse a vida empurrando a tódolos Diestes; agora tócalle a una Dieste empurrar a Seoane...”. Sostén que se pode levar a cabo un coloquio sobor un tema determiñado do arte galego, que pode sere de grandeiro intrés. Na Galería Losada están tamén con moitos desexos de que se efectúe (sería na Sala de Eisposicións, que queda acolledora e axeitada pra conferencias ou mesas dese tipo).
Ademais do mais sinceiro afeito, sinto por vostede o meirande respeto, en tódolos ordes. Por todo elo, teño a pequena obriga moral de decirlle (denantes de que toma unha decisión definitiva) que vostede é un amenísimo disertante. Aínda hoxe se recorda, con verdadeiro pracer, se súas intervencións no sonado aito de Castelao, no que a figura central foi un señor que non sabe falar en púbrico que se chama Luis Seoane... En fin, prégolle que o pense. Si a resolución fora afirmativa, díganos o tiduo. De calquera xeito, agardamos a resposta con urxencia, posto que o programa das xviii Xornadas de Cultura Galega está pendente deste dato.
Adxúntolle o libro de Heriberto Bens, acabado de saír (coma quen di) do forno. Coido que quedou fermoso. Xa lle remesei, por avión, un exemprar ó autor. Sería comenente que nos dixera (ademais de a Díaz Pardo) a quen convén que lle mandemos algún.
Non tiña papel a man, por iso escríbolle no do Patronato. E nada máis, como non sexa que, tan logo teñamos a súa contestación, enviarémoslle o devandito programa. Pro xa lle adiantamos que o seu homaxe será o domingo 30.

Saúdos querendosos pra Maruxa. E vostede reciba a aperta máis fonda de

Pereira