Senlleiro intelectual, escritor e político galego do século XX. Foi homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2009. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega trala súa constitución.
Ficha descriptiva: [Carta mecanografada]
Localización física: Fundación Penzol
Notas:
Nesta misiva Lapa solicítalle a Piñeiro a remisión de "O cabaliño de buxo" da autoría de Xosé Neiras Vilas. Tamén intercambia impresións e solicítalle información ao lancarao sobre a investigación do "Amadís galego-portugués" no que tamén andan investigando os intelectuais galegos Fermín Bouza Brey e Xosé Filgueira Valverde.