Senlleiro intelectual, escritor e político galego do século XX. Foi homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2009. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega trala súa constitución.
Ficha descriptiva: [Carta mecanografada]
Localización física: Fundación Penzol
Notas:
O profesor Rodrigues Lapa excusa a súa incomparecencia na xornada de celebración do día das Letras Galegas por mor de compromisos políticos. O intelectual e militante antifascista Mário Sacramento convidara a Rodrigues Lapa a presidir o "II Congresso Republicano de Aveiro" no que participaron líderes socialistas españois xunto a oposición demócrata ao rexime salazarista. Esta xuntanza ía encamiñada como indica o propio Rodrigues Lapa ao "trabalho para um futuro governo social-democrático" en Portugal.
Igualmente amósase profundamente ledo polo seu nomeamento como membro honorario da Real Academia Galega canda Damaso Alonso.