Senlleiro intelectual, escritor e político galego do século XX. Foi homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2009. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega trala súa constitución.
Ficha descriptiva: [Carta mecanografada]
Localización física: Fundación Penzol
Notas:
Nesta epístola Rodrigues Lapa prantexa unha investigación a Piñeiro na que se pretende detrminar se o topónimo Valdolide segue vivo na fala do país. Este fora oficialmente castelanizado por Valladolid nos nucleos que levaban o topónimo nas provincias de Ourense, Lugo e A Coruña. Rodrigues Lapa proponlle a Piñeiro contactar con Otero Pedrayo para esclarecer o caso ourensán, e con Manuel María para o caso lucense, no Coruñes o intelectual portugués pensara en Antón Fraguas ou Río Barja, aínda que estes se atopaban de vacacións na altura.