Carta de Fole a Seoane. 1973
24/05/1973 El Progreso. Diario de Lugo/ Teléfonos: Dirección-Gerencia-Admón: 212232/Redacción y Talleres: 211055/APARTADO DE CORREOS Nº 5/TELEX: 86509
Lugo, 24 maio 1973
Meu querido amigo:
Estíven o outro día en Guitiriz con Alonso Montero e con Cilistro. Alí fumos sabedores de que tí ibas a inaugurar a túa esposición en Madrid e que por eso non acudiches á xuntanza. O primeiro, prégoche que me mandes un catálogo da túa esposición pra publicalo no periódico.
Vaise inaugurar un novo local na librería Alonso, a máis antiga de Lugo. O propietario pensaba de inaugurala con dibuxos de Miró. Mais decidiron que sería millor con grabados teus. A data diste acontecemento será coincidindo coas festas de San Froilán.
O Domingo que vén sairá no Progreso un capítulo do teu novo libro, que estóu aínda a lér.
A ver si cando me respostes, pódesme decir o enderezo de Maruja Mallo.
O outro día estíven en Santiago e dixéronme que voltarías a Galicia nos primeiros días do mes que ven. Ise mismo día iba en Madrid García Sabell.
Compre que respostes pronto á proposta de esposición dos grabados na librería do meu amigo Alonso.
Unha forte aperta e moitas lembranzas á túa dona.
Ánxel Fole