Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta do Instituto Argentino de Cultura Gallega asinada por Rodolfo A. González como secretario e Laureano Rodríguez, presidente, dirixida a Lois Tobío Fernández, 1979.

14/11/1979
Afonso o Sabio, X de Castela e IX de León-GaliciaFrancisco Luís BernárdezEduardo Jorge BoscoRosalía de CastroManuel Curros EnríquezFederico García LorcaManuel Lago GonzálezValentín Lamas CarvajalManuel Leiras PulpeiroEduardo PondalLaureano RodríguezLois Tobío FernándezAmado Villar
Compartir en

IA
CG Instituto argentino
de cultura gallega
centro gallego de Bs. As.

Bos Aires, 14 de novembro de 1979.-

Señor D. Luis Tobio Fernández
Bonetero, 5 1º
Madrid, 16

Para o seu conocemento, adxuntamos o manifesto que as Entidades representativas da colectividade galega de Bos Aires, emitiron con relación ao disposto polo Goberno Español, sobor da incorporación do Idioma Galego ao Sistema Educacional de Galicia.-
Saudan a vostede coa mais outa consideración.

Rodolfo A. González [sinatura autógrafa]
Segredario
Laureano Rodriguez [sinatura autógrafa]
Presidente

[texto anexado:]
MANIFESTO DA COLECTIVIDADE GALEGA DE BUENOS AIRES

No boletín oficial de Madríd, do 20 de agosto diste ano, pubricóuse unha disposición do Goberno Hespañol de extraordinaria trascendencia pra o pobo galego. Trátase dunha Real Orden pola cal se incorpora o Idioma Galego ao sistema educacional de Galicia. Fica así, a lingua galega, equiparada oficialmente a língua castelán no ámbeto do insino na nacionalidade histórica galega.-
Con elo se van a rectificar a grave inxusticia que o Goberno Central hespañol cometera ca belida língua do pobo galego, ao pospoñela, pois equivaléu a despreciar a unha das próceres línguas da Europa Occidental.-
ORIXE, DESENROLO E PRESTIXIO DA LINGUA GALEGA
O idioma galego nasceu a par do castelán. Os dous proveñen da língua latina que o Imperio Román impuxo cando invadiu a península ibérica. Mais, o idioma galego acadou ao principio unha amplitude e desenrolo maor que o castelán. Extendéuse por casi toda a península. O galego foi a lingua de reises e da nobreza. Como é ben sabido, o Rei Sabio Alfonso X, escrebíu en galego suas afamadasCantigas a Santa María, e asegún o afirmóu o esgrevio polígrafo Menéndez Pelayo, –recollendo manifestacións do Marqués de Santillana–, en idioma galego se escrebiron as primeiras composiciós líricas da Hespaña.-
A língua galega deu orixe a portuguesa, e xuntas produxeron a poemática máis belida e importante da edade meia na Europa de occidente, recollida nos famosos Canzoerios Galaico-Portugueses descobertos nas bibliotecas Vaticana, Colucci-Brancutti e Ajuda, que son verdadeiras xoias da literatura universal.-
Esí era de outa a xerarquía da língua galega, hastra que, no Século XV a católica Isabel 1ra. usurpóu a sua sobreiña Doña Xohana, lexítima herdeira de seu pai Enrique IV, o reino de Castilla e mandou tropas mercenarias a invadir a Galicia e a "domala", asegún rotunda afirmazón do cronista castelán Zurita, por se habere mantido fidel a princesa Doña Xohana. A "Doma" consisteu en decapitar ao mariscal Pardo de Cela, valente defensor das terras galegas, i en arrincar de Galicia aos restantes membros da sua nobreza, obrigándoos a se instalaren en Castilla. Deixou así a Galicia sen a sua élite cultural e reitora, sustituíndoa por rexidores casteláns, quenes desbotaron a língua galega dos orgaismos oficiaes, das escolas, dos documentos púbricos, e das igresias, ficando a língua galega relegada aos labregos e mariñeiros que a acocharon garimosamente nos seus nobres peitos ea mantiveron viva nos seus beizos. E así se deu a milagre de que supervivise, si ben dun xeito tristeiramente esmorecente, ao traveso de cásique catro séculos, non embargantes as rexas protestas de patriotas galegos, como os célebres curas de Fruime e tamén do esgrevio frade padre Sarmiento, xenial filólogo e apaixoado panexerista do idioma galego. Longa tempada cuatrisecular, na que a cultura galega estivo sen latexar, metida nunha noite pecha, hastra que no século derradeiro, no século XIX, se deron as fulxentes lumieiras de extraordinarios poetas: a grandeira Rosalía de Castro, o bardo Pondal, o rebelde Curros Enríquez, o enxebre Leiras Pulpeiro, o ceguiño Lamas Carvajal eo arzevispo Lago González, quenes recolleron dos beizos de labregos e mariñeiros as débiles expresiós dunha língua xa depauperada, ea fixeron revivir; e cas suas xeniaes composiciós poéticas a reforteceron ea ergueron no outo nivel da mellor poemática moderna da época. Con elo, a literatura en idioma galego, adequeriu prestixio universal. Afamados poetas non galegos, –coma o andalúz Federico García Lorca e os arxentinos Eduardo Jorge Bosco, Amado Villar e Francisco Luís Bernardez, escrebiron belidos poemas en língua galega.-
Na "Longa Noite de Pedra", da dictadura, na que recrudeceu o centraismo hespañol, de novo sofreu aseñado perseguimento a língua galega. De novo se quixo facela desaparecer, mais novamente a língua galega foi mais forte que seus perseguidores. Cando rematóu a "Longa Noite de Pedra", e voltaron a se alcender na Hespaña as luces da libertade e da democracia, deuse o milagreiro rexurdimento dunha xuventude universitaria que, patrióticamente, se adicóu a falar, a escrebir ea cantar na língua galega dos labregos e mariñeiros galegos. De novo a pátria Galicia saíu trunfante.-
A Colectividade galega de Buenos Aires, que tantísimo loitou polo erguemento da língua galega, rexistra compracida a aititude do Goberno da Hespaña, refrexada na devandita Real Orden, pois elo comporta un pleno reconocemento da xerarquía do Idioma galego, equiparándoo oficialmente ao Idioma Castelán no desenrolo do sistema educacional de Galicia.-
RECRAMAMOS PRENOS DIREITOS PRA LINGUA GALEGA
Diante dise acontecemento histórcio, a Colectividade Galega da República Arxentina, representada pola meirandes instituciós que suscriben iste Manifesto, xunguida na común angueira de que Galicia poida abranguer un vindoiro que enche as necesidás de progreso e libertade que cobiza o seu pobo, cumpre coa patriótica obriga de lle facer chegar as autoridás do Goberno de Hespaña, as da Xunta de Galiza ea opinión cívica en xeral,as angueiras reivindicación democrática e comunitaria, que foron os fitos encol dos cales, en todo-los intres, se moveron en cumprimento das suas labouras societarias. Emporiso é, que compre manifesar, que os centos de miles de galegos que residen nas naciós do Plata, acollen con anovada espranza, a devandita Real Orden, en que mostra un favorábele troque da mentalidade das autoridás hispanas no tocante aos dereitos do noso pobo. Mais sin que, por elo, se hachen, –nin moito menos–, satisfeitos seus desexos de soergumento da nosa fala, posto que é imprescindibele que na língua materna da nación galego, se afinque toda a lexislación atinxente as tarefas educativas do noso país, asegún as esixencias vásicas formuladas pola UNESCO, no senso de que, o insino primario, ten de ser impartido aos nenos na língua das suas nais.-
Daí que, rexa e urxentemente, demandamos das autoridás correspondentes:
Que a língua galega sexa recoñecida coma idioma básico e obligatorio no cal se afinque toda metodoloxía didáctica do maxisterio de Galiza.-

[catro sinaturas autógrafas, dos representantes de catro entidades galegas na Arxentina, dúas delas ilexibles]:
Laureano Rodríguez, presidente do Instituto Arxentino de Cultura Galega - Centro Galego de Bos Aires
C. Mariño, pola A.B.C. de Corcubión
Asociación Mutualista Residentes de Vigo [sinatura ilexible]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]