Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta do Centro Gallego de Bos Aires asinada por Xoán Carlos S. Rodríguez, secretario e Xoán Manuel Pérez como presidente, dirixida a Lois Tobío Fernández, 1975.

11/03/1975
CastelaoXoán Manoel PérezLois Tobío Fernández
Compartir en

CENTRO GALLEGO DE BUENOS AIRES
BELGRANO 2199 (R. 75)

Buenos Aires, 11 de marzal de 1975.-

Señor
Luis Tobío Fernández
Bonetero 5 - 1º piso
MADRID (16) HESPAÑA

Distinto señor:
Teño a honra deme dirixir a vosté pra lle manifestar que, a proposto do noso Instituto Argentino de Cultura Gallega, iste Centro acordóu reaizar, ao longo diste ano, unha serie de homenaxes a esgrevia figura do sobresainte artista, escritor e patriota galego Alfonso R. Castelao, por se cumprire o 25º Cabodano.
Antre ises homenaxes, figura o adicarlle a edizón dun número estraordinario da nosa revista GALICIA, coa colaboración dos máis relevantes inteleituáis galegos. A ise efeuto, sendo vosté un déles e sabéndoo admirador de tan insigne groria de Galicia, permítome pregarlle queira arrequecer o devandito número estraordinario, coa valiosa colaborazón sua. Tamén lle prego que a mesma nola envíe denantes do 30 do vindeiro mes de abril.
Nosa revisa GALICIA mándase gratis ós socios deste Centro Gallego de Buenos Aires como asimesmo ás bibliotecas e centros culturáis de Arxentina e América, e ás entidades galegas da penínsua e resto do mundo.
Coñecedor da sua devoción pola obra e persoalidade de Castelao, non dúbido da boa acollida que vosté emprestará a iste prego, polo cal de antemán lle agradezo afervoadamente.
Práceme saudar a vosté ca maior consideración

Xoán Carlos S. Rodríguez [sinatura autógrafa]
Segredario
Xoán Manoel Pérez[sinatura autógrafa]
Presidente

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]