Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Manuel Puente
Buenos Aires Junio 26 de 1961

Señor Don
Luis TOBIO
MONTEVIDEO-URUGUAY

Meu querido Don Luis:
Acaba de chegarme a sua data 21 corrente e aprobeitando que o noso amigo CANABAL viaxa hoxe para ahí, envíolle a carta datada o 17 do corrente que non levou o conocido de ABRAIRA.-
Mándolle un sobre con fotos etc, entregadas a PRADA por SEOANE; e todo o que lle deu con encárrego de llas devolver –creo que apenas si lle servirán algunhas;– estamos ocupándonos de conseguir outras, pois un tal HERMIDA trouxo unha película de Galiza e díceme que tamén ten fotos –e un aficionado cineasta de La Plata tamén fai algúns anos espuxo boas fotografias, estamos ocupándonos de buscarlas e mandarllas dentro uns dias; O patronato de Turismo Español dice que ten boas postales de Galiza, aquí non poidemos conseguir nada, ¿poderia vostede ver si a representación de ahí lle facilita algo?.-
Tamén lle recomendo ver entre os dibuxos etc, de Xoaquín LOURENZO que me parece recordar a existencia de algo axeitado.-
Alégrome saber que xa comenza a correxir as probas de imprenta do primeiro tomo.-
Esperando poder mandarlle dentro poucos dias outras fotos –envíolle unha aperta,
S S S
Manuel Puente [sinatura autógrafa]

P.D.
A dirección de Del Riego es la misma que Ud anota
Progreso 12, 5º izquierda VIGO.-

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]