Carta de Manuel Puente a Ramón Otero Pedrayo, 1961.
04/01/1961Manuel Puente
Buenos Aires Enero 4 de 1961
Señor Don
Ramón OTERO PEDRAYO
TRASALBA (OURENSE)
–COPIA–
Meu querido Don Ramón:
Estou seguro que vostede estará estrañado da falta das miñas noticias, en tanto tempo, pero pódolle asegurar que naides como eu estaba sofrendo por non poder escribirlle algo satisfactorio en col da empresa que me comprometín coa patria –de facer imprentar a Historia de Galiza– pero ese compromiso non dependía solo da miña bontade que nunca faltou, si non en primeiro lugar, que de ahí mandaran os traballos debidamente ordenados, e en segundo lugar que a persona que aquí se comprometeu a dirixir a impresión, cumplira.
¿Si os dous puntos esenciales me fallaron que podía facer eu?.
Si co primeiro cumplín poñendo ahí os fondos necesarios para pagos de mapas e colaboraciones, co segundo ainda mais, contratando coa imprenta en base a “Maquet” o os detalles elaborados polo mismo responsabel– contratando cos clichés etc, a imprenta aboneille a primeira cuota ($ 37.500) que creo perdida, fixen entrega de todos os materiales que estaban no meu poder, testos, debuxos, mapas, e nada se fixo, a imprenta dí que se perxudicou coa perda da composición e esixe novo contrato aos novos precios, 15 ou 20 veces mais caros, – ¿podia eu volver a confiar para contratar de novo con novos aportes que tamén se perderían?.-
Cando vostede estuvo eiquí, dixen eu en unha xuntanza que a Historia de Galiza se faria e dende entonces pasei intres moi amargos, sin saber que facer, –a parte de ahí pensei que podía remediarse pero– ¿Cómo resolver o de aquí, si pensaba que o sucedido tocaba os bordes de un sabotaxe? -.-
Polo esposto darase conta os motivos de non escribirlle, fago oxe ledizoso pola seguridade que teño, e que por fín teremos a Historia de Galiza –gracias a vontade, capacidade e patriotismo de un gran galego, que enterado das dificultades con que eu me encontraba, ofreceuse patrióticamente a encargarse él, de correr cos traballos de impresión, estoume refirindo a Don Luis TOBIO.-
Comprenderá vostede a tranquilidade que oxe enche o meu espritu, –e a alegría que teño en comunicarlle a vostede esta novedade.-
O dia 12 de Nadal fumos a Montevideo, Prada, Abraira e eu levándolle a Don Luis TOBIO todo o material que tiña no meu poder –incluso debuxos e mapas– e, o por alí en órden as cousas, notamos que, o seu traballo non está completo, e decir que n imprenta ou en outra parte estraviaron algunas follas últimas, e como creo que a vostede se lle enviaron as copias da imprenta para correxir, e si non que terá copia do traballo que mandou oportunamente, lle rogo lle faga chegar directamente a Don Luis a parte que el lle pida –pois para que non mande todo, el lle dirá dende que parte en adiante falta.-
Tamén nos falta o mapa xeral de Galiza que era o mais grande e estaba solo en unha carpeta, ainda temos espranza de que SEOANE a encontré, e me gustaría si vostede podría averiguar no cartógrafo de Madrid si poderia facer outro mapa, pronto, e canto costaría.-
Infórmolle que a Don Luis TOBIO lle dín amplios poderes para tratar con vostede e con todos os colaboradores e facer baixo a miña responsabilidade económica todo o que sexa necesario o seu parecer para terminar a impresión da Historia e Galiza, de maneira que en adiante todo o que Don Luis resolva ou ordene ten a miña conformidade.-
En próxima carta fareille un detalle de todos os fondos enviados a esa.-
Termiño enviandolle a vostede e a sua dona moitos saudos e augurios para o ano 1961 con un abrazo do seu
S S S
[sen asinar]