13-2-1962.
Benquerido Tobío:
Recibín a túa carta cordial que paso a respostar.
Un sin fín de problemas de traballo e familiares (a morte dun parente, un ataque de parálisis dunha cuñada) me teñen sin vagar para dar remate ao traballo encol da música popular galea, tendo en conta a responsabilidade do mesmo dado o seu destiño.-
No prósimo mes de Marzo, decidín tomarme unhas vacaciós (fai xa anos que non disfroto delas) e aproveitar ese descanso para dar cumprimento a tan difícil compromiso.- Si é posibel que podas agardar para entón agradeceríacho moito.-
A miña xente agradez e retribuie os teus garimosos saúdos aos que engado a miña aperta forte de sempre,
Pita [sinatura autógrafa]
[Nota manuscrita, a lapis, abaixo do texto, escrita seguramente por Lois Tobío]:
Contest. 22-II-62