Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Xesús Canabal Fuentes a Lois Tobío Fernández, 1963.

29/01/1963
Xesús CanabalManuel PuenteLois Tobío Fernández
Compartir en

JESUS CANABAL
MONTEVIDEO 29 de xaneiro de 1963

Sr.
Dr. Luis Tobio Fernández
Méndez Núñez 17
MADRID, 14

Moi estimado Don Luis:
Recibín a súa do dia 16, e alégrome moito de que todo se vaia arranxando e ademais con saúde.
O enteirarme que ainda non tiña noticias do pase de fondos, coidei que fora por causas da folga de carteiros que tivemos por 10 ou doce dias, pero supoño que agora xa deber tér confirmación.- A órden á Nova York foi polo Bank of América con data de 28 de nadal, é temos noticias que o día 4 de xaneiro foi feito o traspaso a Basileia.
En canto a Historia, siguen estudando con Barreiro a Empresa que se faga cargo da distribución, estando en discusión o desconto a convir.- Dentro d'esta operación, é que será tratado o seu asunto.- Don Manuel espera chegar a ésta o dia dous de fevreiro e pasará eiquí catro semanas de vacaciós.
Sin mais, con moitas ganas de facerlle unha visita, saúdos a todos os seus familiares e vostede reciba unha forte aperta de seu amigo

Jesús Canabal [sinatura autógrafa]

Av. Gral. Rondeau 2082

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]