Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1964.

20/11/1964
Manuel Meilán MartínezLois Tobío Fernández
Compartir en

Montevideo, novembro 20 do 1.964

Siñor Don:
Luís Tobío
MADRID.-
España.-

Ben querido Tobío:
O segredario da Sección Instrucción da "Casa de Galicia", de cuia comisión eu forma parte, perdéu a sua carta remexada a dita Entidade.- Elo prodúxolle un gran disgusto e, como non quere dar conta do feito a Xunta Direitiva, pidiume que lle escribira solicitándolle unha cópea –que eu supoño vostede terá– ou ben a repitición das recomendaciós que na devandita carta viñan.-
E ren máis, meus saúdos a su dona e fillos, e pra vosté unha forte aperta,

Manuel Meilán [sinatura autógrafa]

s/c.- ABELLA nº 2,124.- Ap. 2.-

[nota manuscrita escrita, con bolígrafo azul, seguramente por Lois Tobío:] enviado 7-XII-64

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]