Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1966.
28/12/1966Montevideo, nadal 28 de 1.966
Sr:
Luís Tobío
MADRID
Ben querido Tobío:
Onte recibín a su do 22.- Axiña me puxen a fala con Canabal, quen me dixo que antonte lle tiña escrito sobor de choio motivo da sua carta.-
A espricación do tempo que pasóu o Banco pra lle mandar os cartos é que, pola causa das folgas que se fixeran de parte dos empregados, ao arranxarse e mormalizarse a situación, deberon pirmeiramente por en órden as contabilidades etc, razón pola cual tardaron uns días en normalizarse pro público.- Díxome que o diñeiro remitiuse o día 8 ou 10 deste mes, polo cual pensa que xa vosté terá o aviso de Suiza.- Eu folgareime que eisí haixa sido e que vosté xa esté tranquilo.-
Penso que terá recibo unha carta miña que lle mandei fai máis ou menos oitos días.-
Ren máis, quedo, como sempre, as suas órdenes.-
Moi afeutuosos saudos aos seus familiares e unha forte aperta pra vosté,
Meilán [sinatura autógrafa]
[manuscrita e escrito a boli azul, na esquina superior dereita]: cont 23 xan 67