Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a García Sabell. 1972

19/06/1972
Carmen Arias “Mimina”Isaac Díaz PardoDomingo García-SabellLuís SeoaneMaruxa SeoaneElena Tormo
Compartir en


Buenos Aires, 19 de Xunio de 1972

Sr. D. Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Remítoche copia da carta que recibín de Isaac fai uns días, mentras eu estaba en Montevideo, e que responderéi hoxe ou mañán. Teño que pensala pra non deixarme guiar polo meu primeiro pulo. Endexamáis recibín unha proposta así de él de feito xa resolta, según parece, e que sexa tan tola. Quero que non te sorprenda calquera aititude que eu tome con referencia ó Museo e ó Laboratorio de Formas. Non podo sere cómplice deses disparates matinados pra lle dar na testa con unhas autoridades a outras autoridades, traicionándonos. A carta refírese tamén a Mimina e os fillos. Soio tí coñecerás esta carta. Prégoche que todo esto o conserves en segredo. Naturalmente teño que escribirlle que estou en contra deso. A mín impórtanme os medios. Escríboche de presa. Contéstame, por favor.
Unha aperta moi forte de Maruja e miña pra Elena e pra tí:

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    19/06/1972
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Domingo García-Sabell
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Santiago de Compostela
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Termos clave: