Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a García Sabell. 1959

10/04/1959
Américo CastroDomingo García-SabellLuís SeoaneMaruxa SeoaneElena TormoRamón María Valle-Inclán
Compartir en

Buenos Aires, 10 de avril (sic) de 1959

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago de Compostela.

Meu querido Domingo:

Recibín a tua carta do 28 de marzo, e agradézoche moito as lembranzas do meu album Doce cabezas. Continúo traballando moito. Traballo sempre. Fixen nistes derradeiros anos diversos muraes con téinicas diversas: vitraes, ferro e bronce, relieves, pintura, etc., pero xa falaremos disto.

Citania acordou o seu aviso dunha páxina pra ise número de Insula. Dieste prometeu a sua colaboración i eu enviareiche o que me pides denantes do remate de avril. E posíbel que a fin de ano vaia a Europa, concretamente a Suiza, onde me invitan a facer duas esposiciós nos museos de Basilea e Berna. Tamén teño propostas de galerías de Milán e Roma, mais non sei si poderei facer ren nistas cibdades, pois teño moito que facer eiquí e non moitos folgos pra viaxar. Fixen cousas novas, afondando o que podo os meus recursos eispresivos. Iste ano diseñei tamén algús mobles e alfombras. Dos muraes uns pintores mozos fixeron un pequeno documental en 16 mms. do que che enviarei unha copia pra que a pasedes nisa e vexades algo do que fixen niste senso. Dinlles un disco da Polifónica de Pontevedra pro acompañamento musical. Isto é todo. ¿Por qué non me escribes unha longa carta falándome dos teus proieitos? ¿Qué é da biografía de Valle Inclán que tiñas en estudo?.

Recibín o teu ensaio sobor Américo Castro que me pareceu moi bon, e que che agradezco. Escríbeme. Eu enviareiche o material de Insula con tempo.

Saudos moi garimosos pra Elena e tí de Maruxa e meus, e tí recibe unha forte aperta de:
Seoane.

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    10/04/1959
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Domingo García-Sabell
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Santiago de Compostela
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Termos clave: