Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.
Compartir en


Buenos Aires, 29 de junio de 1970

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Amigo Pereira:

Estes días a tapa do libro de González López fareina con toda a urxencia que poida. Escribo urxentemente a Madride pra que lles remitan os precios e as firmas dos dibuxos, e si fai falla, e teñen os nomes dos participantes, farei o prologuiño do catálogo e diagramareino. Escríbanlles vostedes a Patiño. O catálogo é moi importante pra os artistas e pra sona e prestixio de vostedes entre eles e mais en Galicia.
Estaba enterado da sentencia contra Méndez Ferrín. Estiven con el poucos días denantes de virnos e non estaba moi optimista.
Basilio Losada é un excelente galego, de esquerdas, non sei ben a que grupo pertenesce, penso que a ningún. É posibelmente unha das persoalidades máis destacadas entre a xente nova.

Ren máis. Saúdos aos amigos e compañeiros do Patronato, e vostede reciba unha aperta con saúdos prá súa dona de:

[Seoane]

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    29/06/1970
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Fernando Pereira Caamaño
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Montevideo
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Termos clave: