Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Núñez Búa a Seoane. 1973

04/02/1973
Rafael DiesteÁlvaro Gil VarelaXosé Núñez BúaLuís SeoaneMaruxa Seoane
Compartir en


La Plata 4-II-73

Querido Luis:

Hoxe, domingo, canso de remar con dous persoeiros de “Pescanova”, chegados fai unha somán, por despachos oficiás e de comidas particulares, (incruso no Jockey Club, ¡recoño!) metinme a matinar non sei en que –lembranza e tempo–cómo se perdeu a vida. Como eu, ti non, a perdín. E ainda a estou a malgastar. “¡El que nace barrigón!”. Pois din cas tuas Cicatrices. Parei na “Adicatoria”, como se nunca a tivese lido. Si eu fora quén e non un nugallán, esparexido. Si eu fora Luis Seoane, de isa pequena, fonda, longuísima anéidota de centos de fillos de emigrantes, tiraría unha historia “realista” do neno que medra e soña, da cabalo dun faco pedrés, polas congostras, encostas, agras e vales do vello e iñoto país dos seus antergos cara unha Galiza xusta, xenerosa, ideal... Bueno, como decía Toreriño, tolo de Tenoiro, “Total, botarse a matinar non custa nada”... Pro, vamos á oración principal: por si non tiñas recibido os orixinás; mándoche copias simpres das pólizas que se fixeron, en troques da que tiñas e que se anulóu, xa están pagas. A conta está xunguida ás copias que van no mesmo sobre que istes garabullos caligráficos. Como ves, ó calificalos sentiron o “impacto” e melloraron un chisco.
Os 19 dias que paséi en Madrid i en Vigo fóronse cáseque todos iles en falar cos xerifaltes de “Pescanova”. Gracias a que tamén contéi ca regalía de aturar a Álvaro. Teño de ir, cando poida, 3 meses ó que me pete. Quero arranxar a miña vella “Casanova”, o único que teño en Tenoiro. Cando teña o presuposto do que quero facer, hei de che escribir e pídoche que, entón, vaias deica alí. Agora eres un burgués con auto importado e “chaufeusse”. E me darás a tua opinión. Supoño que os viaxeiros –Pachi e as suas mulleres– non esgotarán as duas contiñas bancarias que, dende 1953, fun sumando ahí. Cando pasen pol-A Cruña decirlle que teñan man cos cartiños, xa que Tilita leva plenipotencia.

Apertas para Maruxa e pra ti de

Pepe

Isa carta pra Rafael entrégalla, pois non teño ben a direición

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    04/02/1973
  • De:
    Xosé Núñez Búa
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    La Plata
  • Ficha descriptiva:
    [Carta manuscrita]
  • Termos clave: