Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Díaz Pardo e de Del Riego a Seoane. 1972

17/04/1972
Isaac Díaz PardoFrancisco Fernández del RiegoLuís SeoaneMaruxa Seoane
Compartir en

Vigo, 17 de abril de 1972

Sr. Don Luis Seoane
Buenos Aires

Querido Luis:

Escríbote a carón de Paco Del Riego na mesa da Fundación Penzol.
Boeno. A sala de Barcelona abrirase cunha mostra do libro galego traida dende o medioevo deica hoxe. Gracias, naturalmente, a que Paco tomou a cousa coma súa. Paco queda de direutor de orquest[ra] pra orgaizar tal lerio. Ademite todas cantas suxerencias se lle fagan pro il é moi dono de aceutalas ou non. Eu e os demais faremos tódolo posible por cumprir as súas instruccións. Súa colaboración vai a ser tal que non abandonará a cousa deica deixala presentada na mesma Barcelona.
Non perdemos un intre pra te poñer isto no teu coñecemento e pra te pedir que fagas ti a tapa do catálogo e aportes calisquer outra suxerencia pra il. Tamén pra que fagas un cartel. Coma a sala inaugurarase o dia das Letras Galegas, 17 de maio, niste Ano Internacional do Libro, o texto dirá:
Día das Letras Galegas, 17 de maio de 1972.
Lª MOSTRA DO LIBRO GALEGO EN CATALUÑA
do 17 de maio ao 17 de xuño
horas ........
Galería Sargadelos
Provenza, 274
Barcelona
O demais cho vai a decir Paco.
Confírmote varias miñas. Unha aperta tensa pra entramos

[Díaz Pardo]


Querido Luís:

Como che dí Isaac, encargueime de orgaízar, por discipriña galega, a Mostra do Libro galego en Barcelona. Presumo por adiantado a túa colaboración. Fora do Catálogo e do cartel, terás tamén que aportar suxerencias de todo tipo. Ti tes a esperiencia doutras mostras que orgaizache en Buenos Aires. Compre que, partindo desta esperiencia, me fagas saber coa urxencia posible todo canto se che ocurra. Tanto no que respeita á escolma de libros, coma no orde de orgaización e publicidade da Mostra. Penso que se trata dunha cousa de grande importancia cultural pra Galicia. Compre, por iso, xa que non estás presente aquí, que me digas todo o que se che ocurra sobre do particular. A túa colaboración, inda dende lonxe, é imprescindíbel.
¿Paréceche ben que os catálogos e os cartéis se fagan en galego somente, ou tamén en castelán i en catalán? Agardamos a túa resposta.

Unha cordial aperta pra Maruxa e pra ti, de

[Fernández del Riego]

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane
  • Data:
    17/04/1972
  • De:
    Isaac Díaz Pardo
    Francisco Fernández del Riego
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Vigo
  • Destino:
    Bos Aires
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Notas:
  • Termos clave: