Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal

----

Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina

[entidade social] Créase en Bos Aires en setembro de 1921 co nome de Federación de Sociedades Gallegas, Agrarias y Culturales, como resultado da unión de doce entidades que suman 1300 socios.
Epístolas
3 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1946-06-00
Carta da Comisión encargada de realizar os actos conmemorativos polo Décimo Aniversario do Estatuto de Galicia a Lois Tobío Fernández, 1946.
Bos Aires
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta da Comisión encargada de realizar os actos conmemorativos polo Décimo Aniversario do Estatuto de Galicia a Lois Tobío Fernández, 1946. en 00/06/1946

Conmemoración do Décimo Aniversario
do Estatuto de Galicia
–––––––––––
COMISIÓN ORGAIZADORA

CHACABUCO 955 T. A. 26. 1790

ENTIDADES QUE A INTEGRAN:
FEDERACIÓN DE SOCIEDADES GALLEGAS
CENTRO LUCENSE
CENTRO PONTEVEDRÉS
CENTRO CORUÑES
CENTRO ORENSANO
IRMANDADE GALEGA
CENTRO GALLEGO
(AVELLANEDA)

*

Buenos Aires, Junio de 1946.-


Distinguido conterraneo:

A coleitividade galega da Arxentina, vai a conmemorar con dous grandes aitos o 10º aniversario do Estatuto de Galicia, data histórica da máis outa importancia pra o porvir da nosa Terra.
Estes aitos terán lugar os dias 28 e 30 de xuño; unha reunión cívica e un gran banquete, respectivamente.
Para esta patriótica conmemoración solicitamos a súa afervoada solidariedade.
Ao poñer no seu coñecimento esta labor dos residentes galegos de esta Capital, aproveitamos o intre pra saudálo coa nosa cordial estima.

Pol-a Comisión Organizadora.


José Quintáns - Secretario Antonio Alonso - Presidente

[sinaturas autógrafas]

1948-06-09
Carta da Comisión para a Conmemoración do XII Aniversario do Estatuto de Galicia asinada por Manuel Ucha como presidente e José B. Abraira como secretario, dirixida a Lois Tobío Fernández, 1948.
Bos Aires
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta da Comisión para a Conmemoración do XII Aniversario do Estatuto de Galicia asinada por Manuel Ucha como presidente e José B. Abraira como secretario, dirixida a Lois Tobío Fernández, 1948. en 09/06/1948

CONMEMORACIÓN DO XII ANIVERSARIO
DO ESTATUTO DE GALICIA
––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––
SECRETARIA: CHACABUCO 955 T. A. 26. GARAY 1790
Comisión Orgaizadora*
PRESIDENTE
MANUEL UCHA (FEDERACIÓN DE SOCIEDADES GALEGAS)
SEGREDARIO:
JOSE B. ABRAIRA (IRMANDADE GALEGA)

PROSEGREDARIO:
ANTÓN SUAREZ DOPAZO (CENTRO BETANZOS)

TESOUREIRO:
JESÚS SINDE LOBATO (CENTRO ORENSANO)

PROTESOUREIRO:
MANUEL CANOSA (A.B.C. DE CORCUBIÓN)

VOCAES:
MANUEL PUENTE (IRMANDADE GALEGA)
JOSE BARREIROS (CENTRO ORENSANO)
RAMON MOUZO (FEDERACIÓN DE SOCIEDADES GALEGAS)
M. GARCIA NAIA (CENTRO CORUÑES)
MANUEL FERNANDEZ (CENTRO LUCENSE)
RAFAEL CABO (CENTRO BETANZOS)
JOSE CARBALLO (A.B.C. DE CORCUBIÓN)
ANTOLÍN DIOS,
JOSE FREIJEIRO (CENTRO PONTEVEDRÉS)
*

Buenos Aires, Junio 9 de 1948.-

Señor Luis Tobio Fernandez
Rondeau 2202
Montevideo

Teño o pracer de comunicarlle que co obxeto de commemorar o XII aniversario do plebiscito da autonomía de Galiza, ista comisión, integrada por representantes das entidades que figuran no membrete, ten en preparación un banquete que terá lugar o Domingo 27 do corrente as 12 e 30 horaas no salón a F. de S. Galegas, rua Chacabuco 947.-
Tamen ista comisión acordou invitar a Vde. especialmente a concurrir a iste aito que lembra a derradeira vontade do noso povo. Mais, se por calquer incomenente non puidese concurrir agradecerialle muito tivera a ben remitir a sua adhesión escrita ou telegráfica.
Esperamos prestará atención o pedido que lle facemos e prácenos saudalo co berro xurdio e patriótico

¡Terra Nosa!

José B. Abraira [sinatura autógrafa]
Secretario
Manuel Ucha [sinatura autógrafa]
Presidente

1966-01-22
Carta de Ramón de Valenzuela a Lois Tobío Fernández, 1966.
Bos Aires
Madrid
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Ramón de Valenzuela a Lois Tobío Fernández, 1966. en 22/01/1966

RAMÓN DE VALENZUELA OTERO
LICENCIADO EN FILOSOFÍA Y LETRAS
VENEZUELA 452 - 4º - 21
T.E. 30 - 7694
BUENOS AIRES

22 de xaneiro de 1966

Querido Lois:
Desque cheguei estou estudando o programa das oposicións a cátedra de Xeografía e Historia de Institutos.
Mandoumo Alonso Montero e comencei a traballar nel a todo canto podo dar. Nin son compricados nin difíciles, pero son 166 temas que necesariamente compre saber, porque dous dos cinco exercicios son sorte.
As oposición son arredor de xunio, pero non sei xusto cando, cousa que ben me compría pra axeitar o tempo.
Se non aprobo, cousa moi posibel, verei, tamen, de me quedar ahí, a ser factibel traballando nun colexio privado e donde non aproveitando a miña esperiencia de comerciante.
Co que levo estudado, e calculando o tempo que falla, penso que pra xunio tereille dada unha volta a todolos temas, ainda que non sei se na intensidade e, sobor de todo, na direición que se precisaría.
O caso é que, sexa como sexa, non nos parece que teña ningun sentido o prolongar a nosa vida eiquí.
Fernando ficará en Europa perante 5 anos mais, que pode prolongar a 7. José Ramón comenzou un traballo de corredor dunha casa de eleitricidade e toma os estudos de esguello, cousa que poderá facer en calquera sitio a onde vaya ..... e os feitos de Sudamérica "no andan de buena guisa".
As cousas da nosa coleitividade siguen coma sempre. Variación sobre o mesmo tema. Os "petrucios" quitaron un periódico que dirixe un fillo de Perfecto López. Polo de agora ainda non se meteron con ninguén. Siguen todos soñando nos cartos de Puente, pero resulta que tamen Puente soña no mesmo, nos seus cartos e, soño vai, soño ven, pasan a vida soñando. Cando espertan, ven que Puente tamén está esperto porque él, pra soñar con cartos non precisara durmir.
Os do Consello celebran xuntanzas cada tres meses ou denantes se morre algun dos compoñentes. Teñen previsto que farán xuntanza de urxencia en caso de que caia o goberno ainda sen previo aviso. Conqueriron que a Municipalidad de Buenos Aires lles dira un posto na comisión do moimento a Castelao, o cal é de decisiva importancia pra o futuro de Galiza, pois con esa representación o Consello medrou aos ollos do diputado Parraviccini de UCRI, de Belnnicoff de UCRP e mais do concellal Romanini de Udelpa.
E nos, coma decote, pola Federación, facendo o que se pode, que non é moito.
Unha forte aperta pra María del Carmen, Constanza e Miguel e ti recibe outro moi forte

[Ramón Valenzuela] [sinatura autógrafa]