Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal

----

Editorial Citania

[editorial] Entidade fundada por Luís Seoane en Bos Aires en 1957.
Epístolas
3 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1958-02-27
Carta de Ramón Valenzuela Otero a Lois Tobío Fernández, 1958.
Castelar
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Ramón Valenzuela Otero a Lois Tobío Fernández, 1958. en 27/02/1958

Ramón de Valenzuela Otero
LICENCIADO EN FILOSOFÍA Y LETRAS
MONTES DE OCA 21
CASTELAR (F.C.N.D.F.S.)
27 de Febreiro de 1958


Sr. D. Lois Tobío
MONTEVIDEO


Querido Tobío:
A Comisión de Cultura do Centro Pontevedrés encarregoume que che escribira pra che pedir unha conferencia no día 11 de Abril que vén, co gallo de celebrar o aniversario da Repúbrica. Como é natural a dita entidade correría cos gastos de viaxe i estadía teus e da tua dona. No caso que aceitaras a invitación convíñalles (mellor dito convíñanos, porque eu tamén son da dita Comisión) que dixeras o tiduo da conferencia pra facer con tempo os programas e a propaganda.
AGUEA estase animando moito pra este ano. Aparte dos cursos e das conferencias que coido serán como sempre, pensamos intensificar as pubricacións. Ademáis, comezando precisamente no Pontevedrés, faremos varias sesións do Teatro Lído que, de certa maneira, compretará a laboura que B. Amor fai co Teatro Popular Galego. Pensamos comezar con "A Fiestra Valdeira", seguir con "A Soldadeira" de Seoane e despois con unha comedia que eu fixen, da que estou noi contento.
CITANIA está encaixando ben na coleitividade e xa está pra sair "Esmorga" de B. Amor e unha comedia de Fole.
Eu estou satisfeito de como vai eiquí o galeguismo e ainda mais porque vexo que van desaparecendo as pequenas xenreiras que tanto mal nos teñen feito.
Mariví está moi contenta de que veñades e xa fai proieitos pra que o pasedes ben.
Unha forte aperta pra ti e saudos a Mª del Carmen de teu irman

[Ramón Valenzuela] [sinatura autógrafa]

[na marxe esquerda, nota a man]: Agradeceríache un exemplar do diario onde sale unha nota encol da miña novela.

1959-08-04
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1959.
Bos Aires
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1959. en 04/08/1959

4-8-1959.
Sr. Luís Tobío.
Montevideo
----------------
Benquerido Tobío:
O común amigo Meilán, fíxome chegar as túas follas orixinás do fermoso traballo que adicaches ao meu pequeno e derradeiro libro.
Lido agora de xeito sosegado, atopo ainda mais beleza nos teus xuicios tan xenerosos e ademais, de qué maneira tan perspicas acadaches o meu íntimo pensamento.- O amigo Seoane pideume unha copia para o arquivo da Editorial Citania, e tamén queren pubricalo en "Opinión Gallega".- Como as túas follas están sin firmar, eu quero denantes pedir a túa autorización para que se pubrique coa túa firma si non tés nelo reparos que faguer.
Prégoche entón unha resposta, e reiterando a miña gratitude, envíoche a aperta forte de sempre,
Pita [sinatura autógrafa]
Saúdos a María del Carmen e aos pequenos.

1961-05-11
Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961.
Trasalba
Montevideo
Orixinal Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961. en 11/05/1961

Trasalba, Ourense, 11 do maio 1961.
Sr. D. Lois Tobío
Montevideo

Meu querido Tobío:
Apertas. Pensando sempre nos amigos sobre todo nos de lonxe nista verde soedá trasalbesa escondida polo canto do cuco. ¡Que ben nestora comendo churros na Ferradura por as nove da mañán e mirando víbrar as torres cas balaladas da Ascensión!.. Eíqui os colabouradores da "Historia" pensada por Manuel Puente mañifestanse esceuticos, procuran non falar do problema quezáis por non amolarme a min. En tantos anos a Etnografia –non penso no introito xeografico– poido ter dado bos froitos e enqueito o nome galego en todo o mundo culto.. O traballo do Risco ten valeiros. O Risco xa non está pra traballos fortes. Peteira lixeiramente en materias literarias e deixase levar por a vaidade. Si a Etnografía saira co nome de Risco voltaría o seu verdadeiro rango.. O proieuto require – por agora e soio pra "internos"– si se levar adiante outra orgaización, cunha forte base económica e unha oficina ou centro reitor e orgaizado con ficheiros e todo o necesario. Cos cartos empregados teñense feito milagres. Pro hoxe a vida está moi outa. ¿Como se vai soster un inquerito de meses en arquivos? Eiquí hai unhas pesetas de Puente o meu nome na Sucursal do Banco da Cruña en Ourense, unhas 23 ou 30 mil que non emprego agardando novas guías. O volume da Prehistoria e o das Pelerinaxes en conxunto están dispostos pra ben logo. Do demais hai calicatas esporadicas. Eu teño moito do XVIII e XIX e en dous anos podería arranxar maís dun volume. Son un vello, 73 feitos. Vou ter con Vde unha correspondencia regular. Quixera saber sua aspiración concreta. Quixera as veces deixar a direición pois non responden eistremados [¿?] na longa agarda do primeiro tomo. Compría un esquema, semellante ou millorado do que se acordou con Seoane. Por certo que Seoane non me puxo nunha soia letra. Na editorial "Citania" estabase imprimindo unha vida anovelada de Rosalía que ali deixei o 59 e non sei como vai. O importante é na "Historia" un criterio e vontade segura. Saudos na casa. Sempre o vello amigo que moito lle quere
Ramón Otero Pedrayo [sinatura autógrafa]