Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.

----

Amigos del Arte

A asociación Amigos del Arte naceu en 1924 e desapareceu en 1946 en Bos Aires. Estivo presidida por Elena Sansinena de Elizalde. Foi unha iniciativa dun grupo de representantes das vellas familias patricias bonaerenses e de escritores, artistas plásticos, escultores e animadores culturais. O seu principal obxectivo foi “fomentar a obra dos artistas e facilitar a súa difusión, á vez que axudar ao benestar material dos artistas arxentinos.
Epístolas
2 mencións
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
Data Relación Remitente - Destinatario Orixe Destino [ O. ] [ T. ]
1945-10-31
Carta de Cáceres a Seoane. 1945
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Cáceres a Seoane. 1945 en 31/10/1945


Octubre 31

Luis Seoane, querido amigo:

Pocas líneas para decirle lo siguiente: Anoche hablé con los “Amigos del Arte” y les dije con cuánto ardor deseábamos Enrique y nosotros que vd. expusiese en Montevideo. Se mostraron entusiasmados con la idea, muy en particular, Adolfo Pastor. Me comprometí a escribirle a vd. enseguida para invitarlo en nombre de ellos, y para pedirle me conteste en cuanto pueda, si está dispuesto y si cree poder resolver todos los trámites necesarios como para exponer allá por el 24 o 25 de Noviembre, pues antes se hará la de Basaldía (desde el 8 al 23, más o menos). La suya sería la última Muestra de este año; pues iba a exponer un señor de Argentina, cuyo nombre no recuerdo y por inconvenientes que tampoco recuerdo no expondrá ya este año.
Comuníqueme, Luis, en cuanto pueda. Pastor le pide que exponga óleos, dibujos y grabados. Vd. dirá.

Saludos a todos los suyos, un abrazo a Maruja; saludos a los amigos comunes. Recuerdos de Cáceres. Y usted reciba la mano cordial de su muy amiga

Esther

¿Y la Antología? No puedo resistir a hacerle la pregunta.
Especiales saludos a Colmeiro –y que cada vez nos gusta más su paisaje.

A lápiz aparece escrito na cabeceira: ¿45?

1974-06-14
Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1974
Bos Aires
Montevideo
Transcrición

Transcripción da epistola Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1974 en 14/06/1974


Buenos Aires, 14 de xunio de 1974

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Meu querido amigo:

Cercana a data da mostra de dibuxos meus na Galería Losada, sin ter dibuxos pra esa mostra e sin posibilidades materiales de facelos, polo pouco tempo que resta e o traballo que me atosiga, propóñolles, en troques, facer unha mostra que gostará moito máis polos temas, de augadas e apuntes de paisaxes galegos, de Carlos Torrallardona, a súa dona e fillas, feitas en Galicia arredor do ano 70, e que constitúien unha proba de amor a unha terra á que iban por vez primeira. Eu faría, si non teñen inconveniente, a presentación escrita da mostra. Torrallardona é un dos máis importantes pintores arxentinos da miña xeneración. E dende fai moitos anos amigo de Colmeiro, Rafael Dieste, Díaz Pardo e meu, etc. En Montevideo, expuxo conmigo fai uns 25 anos en Amigos del Arte, presentándonos entón Esther de Cáceres. Penso, pois, que non perde nada o Patronato e a Galería Losada relevándome a min do meu compromiso. O púbrico poderá contemprar unha obra de estudo feita, como dixen denantes, con moito amor e moi bela. Tamén iría eu á inauguración e podería falar dela en La Voz de Galicia como, naturalmente, non podería facelo, si fose miña. Eu, dende logo, a pesar da miña vontade non podo facer a exposición, pois estou atafegado como dixen, de traballo.
Respóndame o máis pronto posibre, pois en principio xa lle falei a Torrallardona que están de acordo en exhibir esas obras polo propósito.
Con esta, remítolle a tampa pra o libro de Zubillaga.

Saúdos pra o Sr. Martínez e os membros do Padroado, e vostede e a súa dona reciban o saúdo da miña e meu. Unha aperta de:

[Seoane]