Galicia na sociedade do coñecemento

Foro.

Galicia na sociedade do coñecemento

Do 3 ao 4 de abril de 2008
Foro

Galicia na sociedade do coñecemento

Do 3 ao 4 de abril de 2008
O obxectivo deste foro de debate é facer unha achega á situación de Galicia na sociedade do coñecemento a través de tres perspectivas: económica, sociolóxica e tecnolóxica. Seguindo eses puntos de vista, o encontro organízase arredor de tres temas centrais: Galicia e a globalización, os cidadáns na sociedade da información, Galicia e as tecnoloxías da información e do coñecemento.A sociedade do coñecemento convértese cada vez máis nun elemento central da vida das sociedades desenvolvidas contemporáneas, tanto nos aspectos sociais como nos económicos e culturais. Na base deste fenómeno está a gran revolución tecnolóxica da información producida nas últimas tres décadas, período en que a extraordinaria multiplicación da capacidade de distribuír fluxos de información foi proporcional á división dos seus custos. A chamada globalización económica e súa principal manifestación, a financeira, non se explican sen ese dato, o mesmo que ocorre co cambio nos costumes e hábitos de amplos sectores da poboación.
Ficha técnica 
Foro.
Galicia na sociedade do coñecemento
Cando
Do 3 ao 4 de abril de 2008