XIV Encontros para a Normalización Lingüística

Encontro. Encontros para a normalización

XIV Encontros para a Normalización Lingüística

No Auditorio da Biblioteca de Galicia (Santiago de Compostela), 8 e 9 de marzo de 2012
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros para a normalización

XIV Encontros para a Normalización Lingüística

No Auditorio da Biblioteca de Galicia (Santiago de Compostela), 8 e 9 de marzo de 2012 Santiago de Compostela

Os Encontros para a Normalización Lingüística levan ofrecendo ano tras ano desde 1998 un foro aberto e participativo de información, reflexión e debate sobre a situación do idioma galego.


De feito, constitúen o ámbito de referencia para esta cuestión, que vén completar distintas iniciativas máis ou menos coincidentes na intención, pero de alcance máis reducido sectorial ou territorialmente. Por iso, os programas que se propoñen ano a ano veñen reflectindo de xeito fiel as cambiantes inquedanzas que suscita a evolución sociolingüística do país e os problemas de atención prioritaria.


En concreto, nos últimos anos veñen gañando relevancia unha serie de cuestións mutuamente interrelacionadas, como o ensino, as novas tecnoloxías e mais as actividades e produtos de lecer. Todas estas cuestións apuntan dun xeito moi concreto a un sector que cada vez se percibe como o máís difícil e ao mesmo tempo como a chave do futuro do galego: a xente nova. Por esa razón, os XIV Encontros para a Normalización Lingüística van centrar fundamentalmente o seu foco na problemática relación entre a lingua galega e a mocidade.


LUGAR

LUGAR
Auditorio da Biblioteca de Galicia
Cidade da Cultura
Monte Gaiás
15707 Santiago de Compostela

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.org
www.consellodacultura.org/arquivo/cdsg