Migración, cultura e acceso exterior

Conferencia

Migración, cultura e acceso exterior

15 de outubro de 2010. Conferencia de Ramón Villares
Conferencia

Migración, cultura e acceso exterior

15 de outubro de 2010. Conferencia de Ramón Villares
O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, interviu en México DF no XXIV Congreso Anual da Asociación Mexicana de Estudios Internacionales (AMEI). A súa conferencia versou sobre o tema “Migracións, culturas e acción exterior. Unha reflexión desde Galicia”. Villares reuniuse tamén con representantes da cultura mexicana e entrevistouse con Jean François Prud´homme, coordinador xeral académico do “Colegio de México”.

Ramón Villares participou nunha das 18 mesas de traballo do congreso e referiuse ás posibilidades de acción e proxección exterior de Galicia, da súa lingua e a súa cultura, tendo especialmente en conta as iniciativas e o legado sociocultural das sociedades de emigrantes e colectividades de exiliados en América.

O congreso da AMEI, presidido polo galego Manuel Fernández Justo, profesor da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM), estivo dedicado ao tema “México, de la independencia a la globalización. La inserción en un mundo complejo”.

O Presidente do Consello da Cultura Galega, que o pasado día 12 inaugurou no Centro Gallego de México a exposición “Galicia, o sorriso de Daniel”, aproveitou esta viaxe a México para reunirse con diferentes representantes culturais do pais e entrevistouse con Jean François Prud´homme, coordinador xeral académico do “Colegio de México”, institución pública de carácter universitario, dedicada á investigación e ao ensino superior e vinculada á fecunda memoria do exilio español.

O “Colegio de México”, foi fundado o 16 de outubro de 1940, froito da transformación da “Casa de España” -creada en 1938 por iniciativa do Presidente Lázaro Cárdenas para acoller temporalmente a destacados científicos, académicos e artistas ameazados pola Guerra Civil Española e tamén polo franquismo- nunha institución de altos estudios. Construiuse así un dos centros de investigación e docencia máis importantes do mundo hispánico, galardonado en 2001 co Premio Príncipe de Asturias en Ciencias Sociais.
Ficha técnica
Conferencia.
Migración, cultura e acceso exterior
Data
15 de outubro de 2010. Conferencia de Ramón Villares
Lugar

15 de outubro de 2010
México DF

Participante
Ramón Villares
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)