Camelias para Cunqueiro, un concerto de Amancio Prada

Recital. Cunqueiro

Camelias para Cunqueiro, un concerto de Amancio Prada

Venres, 10 de xuño de 2011 ás 21:00
Santiago de Compostela
Recital
Cunqueiro

Camelias para Cunqueiro, un concerto de Amancio Prada

Venres, 10 de xuño de 2011 ás 21:00 Santiago de Compostela

En 2011 cúmprense cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro Mora. Esta conmemoración supón unha oportunidade para revisar o legado do escritor mindoniense, facer balance dos estudos cunqueirianos e propiciar novas aproximacións críticas á súa obra.


A dimensión galega e universal da obra e da figura de Álvaro Cunqueiro convertérono nun factor privilexiado para a proxección de Galicia no mundo. O pensamento e a imaxinación cunqueiriana renovaron a conciencia dos propios galegos sobre si mesmos, establecendo novas pautas que contribuíron a definir a identidade galega e a imaxe do noso país.


Ao longo deste ano están a ter lugar por toda a xeografía galega diferentes actividades para conmemorar a figura do polígrafo mindoniense, entre elas exposicións, faladoiros congresos, roteiros, eventos gastronómicos e representacións teatrais. Por suposto, a música non podía faltar neste programa xa que a obra de Álvaro Cunqueiro serviu de alento e inspiración a grandes intérpretes deste país. 


O cantautor Amancio Prada ofrecerá o concerto Camelias para Cunqueiro o venres 10 de xuño ás 21:00 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela, como a súa homenaxe ao creador de obras poéticas tan senlleiras como Herba aquí ou acolá e Dona do corpo delgado.


A sesión foi organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e en colaboración co Consello da Cultura Galega.


A música ábrese paso deste xeito no programa conmemorativo do Centenario de Cunqueiro (1911-2011). Amancio Prada (voz e guitarra) estará acompañado no concerto por Hilary Fielding (violonchelo) e Josete Ordóñez (guitarra e mandola). O programa incluirá: A dama que ía no branco cabalo, O Cabaleiro da pruma na gorra, No sono do cuco novo, No bico do galo a i-alba, Quechemarín da verde bandeira, Díxenella á rula: pase, miña señora!, Na nao do mar laranxa, Hai unha illa loubada, Outono cedo de gaitas, O río levaba os ollos, A dorna vai e ben, Por oir a unha rula decir de amor e Amor de auga lixeira.


 

LUGAR

LUGAR
Salón Teatro
Rúa Nova, 34
15705 Santiago de Compostela

Ficha técnica 
Recital.
Cunqueiro
Camelias para Cunqueiro, un concerto de Amancio Prada
Cando
Venres, 10 de xuño de 2011 ás 21:00
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Salón Teatro
Rúa Nova, 34
15705 Santiago de Compostela

Autoría
Amancio Prada
Participante
Hilary Fielding
Josete Ordoñez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Axencia Galega das Industrias Culturais
Xunta de Galicia