Cine e educación: experiencias de Galicia e Portugal

Xornada.

Cine e educación: experiencias de Galicia e Portugal

4 abril de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

Cine e educación: experiencias de Galicia e Portugal

4 abril de 2025 Santiago de Compostela
A cultura é o pegamento que une a sociedade, e o cine é unha das súas manifestacións máis amables e atractivas, o que o fai imprescindible no proceso educativo. Comprender a linguaxe audiovisual é necesario no desenvolvemento da conciencia social. Se, ademais, aspiramos a lograr personalidades civicamente activas, responsables e críticas, cómpre transformar o rol de espectador en rol creador. Este proceso comeza nas etapas máis prematuras da educación, e para logralo é esencial contar cun profesorado que sirva de guía e referente.
O cine nas aulas empregouse como apoio desde que tecnicamente foi posible facer proxeccións, pero a súa pedagoxía estivo circunscrita ao ensino postobrigatorio, que en Galicia comezou en 1989 coa creación da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Nas aulas de secundaria, a materialización curricular do audiovisual comeza coa LOXSE (1990), pola cal pasou a formar parte da materia de Educación Plástica e Visual para a ESO e de Comunicación Audiovisual para bacharelato. Coa LOMCE, en 2013, o audiovisual adquire a súa relevancia actual, presente nun terzo dos bloques de contidos da materia da ESO de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, e na de Cultura Audiovisual de bacharelato.
A falta de formación específica do profesorado de Plástica provocou unha autoorganización do colectivo docente, que creou equipos de traballo que foron referentes: Aturuxo Films, con residencia no IES de Cacheiras; Caranguexo Films, do IES As Barxas de Moaña; ou o proxecto Olloboi, vencellado a unha asociación cultural integrada por docentes e non-docentes de Boiro. Iniciativas destacadas da Administración son os programas Nós tamén creamos!, da SXPL, ou Cinema en curso, potenciado pola Consellería de Educación.
Ollamos con admiración a relevancia que en Portugal se dá ao estudo da relación entre cinema e educación: os Encontros de Cinema de Viana, organizados pola asociación Ao Norte e a Câmara Municipal de Viana, levan 25 anos sendo un espazo referente de encontro, formación e debate no que conflúen estudantes e profesionais do cine, escolas, cineclubistas e público en xeral.
A nosa proposta, Cine e educación: experiencias de Galicia e Portugal, pretende visibilizar e difundir dinámicas consolidadas de pedagoxía do cine nas aulas galegas, da primaria á universidade; tender pontes entre ensino e audiovisual profesional, grazas á perspectiva de institucións como a Filmoteca de Galicia, o Consello da Cultura ou a Agadic; e facer un intercambio con prácticas de Portugal.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada
Cine e educación: experiencias de Galicia e Portugal
Cando
4 abril de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Cristina Domínguez Dapena
Beli Martínez
Ana Moreiras
José Manuel Sande
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)
Colabora
Asociación Cultural Olloboi
Museo do Pobo Galego

Imaxe da portada: Fotografía de Pablo Chouza para Olloboi