Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa.
A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.
Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.
Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa no ano 2021 cada cuarto xoves de mes para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.
27 de marzo 2025Santiago de Compostela
Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa.
A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.
Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.
Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa en 2025 para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
18:15 horas Os límites do territorio Teresa Táboas dialoga con Juan Creus
Teresa Táboas
É doutora en Arquitectura pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, cunha tese titulada A cor en arquitectura, dirixida polo arquitecto César Portela. Obtivo a máxima cualificación, sobresaliente cum laude. Fundou en 1990 o estudio Teresa Táboas Estudio de Arquitectura, S. L., no cal desenvolveu numerosos proxectos de edificación e urbanismo. Ocupou cargos de gran relevancia, como os de presidenta da Delegación de Pontevedra e decana-presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; foi a primeira muller en acadar o dito posto. Tamén foi vicepresidenta do Instituto Tecnolóxico de Galicia e conselleira titular do CSCAE, ademais de representar a España no Consello de Arquitectos de Europa. Entre 2005 e 2009, foi conselleira de Vivenda e Solo no Goberno galego e deputada no Parlamento de Galicia. Desde 2023, é vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA).Juan Creus
Doutor arquitecto. Profesor titular do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Desde 1994 é arquitecto fundador do estudio CREUSeCARRASCO arquitectos, xunto con Covadonga Carrasco. Son autores, entre outras, das seguintes obras: bordo portuario de Porto do Son; rampla no Camiño de Santiago; Casa Elías e Casa Chao en Corcubión; centro social en Cornido; remodelación do porto de Malpica; Casa Mercedes na Coruña; Lonxa de Fisterra; ou Fundación Luís Seoane, polos que recibiron numerosos galardóns e premios. Da súa autoría tamén é o Centro de Arte da Fundación María José Jove, primeiro museo 100 % virtual de España.
É creador e codirector da revista O Monografías. Autor dos libros A terra das mil belezas e Terra (con Pablo Gallego) e Viaxe á Fin da Terra (con Covadonga Carrasco). Colaborou con diversas revistas e participou en foros relacionados co territorio e a paisaxe de Galicia.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.