Publicacións

Publicacións

26 de marzo de 2025
Santiago de Compostela
Xornada
A arte en tempo real

Publicacións

26 de marzo de 2025 Santiago de Compostela
Coa xornada dedicada ás publicacións, a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega remata o ciclo A arte en tempo real, elaborado co propósito de revisar e considerar os diferentes axentes que interveñen no estado actual da arte en Galicia e o condicionan.

Unha vez analizados os ámbitos referentes a artistas, galerías, comisariado, museos e coleccións nas xornadas precedentes, tócalles a quenda ás publicacións, un medio fundamental no contorno e a dinámica da arte que consideramos esencial para mostrar, difundir e poñer en valor o traballo artístico.

Nesta última xornada tentaremos aproximarnos ás diferentes vertentes e ás súas problemáticas e posibilidades. Realizaremos un percorrido polo mundo editorial máis formal, o vinculado a fundacións e institucións, e tamén polo que trata en particular o campo do libro de artista e polo que ofrece posibilidades creativas para a autoedición e a autoxestión. Todo isto será posible grazas á participación de relevantes profesionais que traballan, investigan e desenvolven tarefas especializadas nestes ámbitos. Da súa man abordaremos o estado da cuestión e o seu rumbo cara ao futuro.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Programa
Publicacións
Programa en PDF
Ficha técnica 
Xornada
A arte en tempo real
Publicacións
Cando
26 de marzo de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Lucila Yáñez Anllo-Vergas
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)